martes, 16 de decembro de 2025

CONTOS COMPARTIDOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezamos polo Nadal a actividade de CONTOS COMPARTIDOS entre o alumnado do terceiro ciclo e o alumnado de Eduación Infantil. Unha actividade na que os maiores len libros aos cativiños na hora da lectura os venres. Canto disfrutamos desta actividade!

Un bruxibiquiño.

Copia de PRESENTACIÓN PDI 25- 26 de bibliomaruxa

martes, 25 de novembro de 2025

25 N

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

No colexio foron varias as actividades que se levaron a cabo . Paga a pena velas!

Un bruxibiquiño


25 N de bibliomaruxa



Presentación Proyecto edificios Minimalista Blanco de bibliomaruxa

RATO PÉREZ

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Rato Pérez segue a visitar a toda a nosa rapazada e déixalle o seu agasallo que con tanta ilusión esperades!

Un bruxibiquiño


Beige Minimalist Collage Instagram Post de bibliomaruxa

EXPOSICIÓN: O AMENCER DA HUMANIDADE

Presentación Proyecto Prehistoria Ilustrado Crema y Marrón de bibliomaruxa

domingo, 9 de novembro de 2025

NOVIDADES 1ª AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezamos o préstamo cun lote de novidades na nosa biblioteca , expostas no andel correspondente para que a nosa rapazada a leve para as aulas e ler no momento adicado á lectura.

Como disfrutades das novidades da nosa bruxiña!

Un bruxibiquiño.



xoves, 6 de novembro de 2025

PRÉSTAMO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Chega novembro e con el o préstamo de libros para ler no momento adicado á lectura en todo o colexiio ( de 12:05 a 12:30)

Para iso, todas as aulas baixan á biblioteca e da man das profes axudantes de biblioteca escollen o libro que queren levar para ler na aula.Os maiores de quinto e sexto fan eles mesmos o préstamo grazas a guía de autoempréstito.

Canto vos gusta vir á biblio e escoller as vosas lecturas!

Un bruxibiquiño.


Presentación Proyecto Creativo Infantil Doodle Acuarela Multicolor de bibliomaruxa

martes, 4 de novembro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como todos os cursos no mes de outubro arrancan cara as vosas casas as mochilas viaxeiras.Como ben sabedes, de 1º a 6º de Educaión Primaria todo o alumnado leva a mochila por período dunha semana ben cargadiña con un libro informativo, un de poesía e outro de narrativa adaptado ás idades correspondentes. Tamén un caderno onde anotar as nosas preferencias sobre o que lemos. Un pracer compartir as lecturas da nosa bruxiña Maruxa nas vosas casas.

Un bruxibiquiño!


Copia de BOLSAS E MOCHILAS VIAXIERAS de bibliomaruxa