mércores, 20 de marzo de 2024

VISITA DE ANTONIO M. FRAGA

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Esta semana tivemos a sorte de contar con Antonio Manuel Fraga quen compartiu co alumnado de cuarto de EP un anaquiño de mañán para asinar e dar resposta ás nosas preguntas sobre o seu libro " Papá caníbal".

Grazas, Antonio polo amena da nosa conversa.

Un bruxibiquiño.




domingo, 17 de marzo de 2024

VISITA DE MARÍA CANOSA

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Vaia semana máis chea de visitas tivemos! Esta vez tivemos a sorte de contar con María Canosa quen estivo un anaquiño cos alumnos e alumnas de terceiro de primaria compartindo sensacións, ideas e moitas máis cousas do seu libro tan máxico " As pombas de Bastián".

Grazas a ela puidemos saber que Bastián pode ou non existir, todo depende do nos maxín, do que este queira.

Un bruxibiquiño.










mércores, 13 de marzo de 2024

VISITA BEATRIZ MACEDA

Ola amiguiñas e amiguiños:

Onte disfrutamos da visita de  Beatriz Maceda que compartiu con nós un anaquiño da mañá falando e asinando os seus libros:

- " Lúa en ningures " para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

- " Sentinelas do Silencio " para a rapazada de 6º de Educación Primaria.

Falamos con ela da súa inspiración e do proceso de realización das súas obras que tanto nos gustaron.

Unha aperta , Beatriz.




domingo, 10 de marzo de 2024

VISITA Á BIBLIO MUNICIPAL

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como vimos facendo dende hai uns cursos, a rapazada de EI, segundo , cuarto e sexto de EP vai visitar a biblioteca municipal do noso barrio .

Podedes ver todo o aprendido na seguinte presentación.

Un bruxibiquiño