domingo, 24 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

   Xa están aquí as recomendacións de Nadal da nosa querida Maruxa!!! Animádevos a pedir na vosa cartiña algún destes interesantes libros!!

BO  NADAL!!!


sábado, 16 de decembro de 2023

FELICITACION DE NADAL

 MARUXA , AS SÚAS AXUDANTAS E O SEU NOVO AMIGO QUEREN DESEXAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN BO NADAL.



ENKI


XA SE SINTE O ESPIRITU ENKI NO COLE .


ESTE CURSO CHEGOU POLO NADAL PARA DESPEDIR O ANO. E ABIBLIO APORTA O SEU GRAN DE AREA.








venres, 1 de decembro de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO

 Ola amiguiñas e amiguiños1

Un curso máis a nosa biblio convertiuse nun lugar de experimentar, compartir..aprender entre todos e todas.

Podedes ver as actividades levadas a cabo nesta presentaicón.

Un bruxibiquiño!


CIENCIA EN GALEGO  de bibliomaruxa

xoves, 23 de novembro de 2023

25N

 Amiguiños e amiguiñas:

O sábado será un día moi importante: o 2N, DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA. Para conmemorar unha data tan importante, Maruxa fixo a exposición de libros sobre o tema para que as aulas colleran e leran no momento lector. 

Estas son as súas recomendacións e o recanto que se montou no corredor da biblioteca.




25 N de bibliomaruxa

Maruxa tamén quere compartir algúns dos traballos feitos para esta data no cole e que adornar os noso corredores.





martes, 17 de outubro de 2023

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Arrancamos un curso máis e da man da formación de usuarios. Ao longo do mes de outubro realizamos a primeira visita á biblioteca onde aprendestes moitas cousas:

- Normas.

- Onde está os libros colocados.

- A CDU. 

Pero sobre todo, disfrutamos todos dos contos que nos agasalla Maruxa. Este ano aínda por riba nos agasallou cuns broches ben fermosos que aludían ao conto que lemos na biblio.

Podedes ver neste vídeo o ben que o pasamos e canto aprendemos.

Un bruxibiquiño.

Maruxa.



Copia de Vídeo Fondo de vídeo Doodle Scribble Azul y amarillo de bibliomaruxa

mércores, 7 de xuño de 2023

PDI: MURAL INTERACTIVO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Déixovos aquí o mural que do noso Proxecto : " A volta ao mundo nas nosas 23 nacionalidades". Nel, atopamos as bandeiras e a situación de cada un dos nosos países no mundo. Asemade, están todas as actividades do proxecto que realizamos entre todas e todos para consultar coas tablets.

Acompañounos e foi medrando con nós este curso.

Que fermoso e ver que vimos de todas as partes do mundo ! 

Un bruxibiquiño








luns, 5 de xuño de 2023

PDI: VIDEO FINAL

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Como ben sabedes, este curso no noso colexio Maruxa, a nosa bruxa quixo dar a coñecer a nosa diversidade cultural a través do proxecto: " A volta ao mundo nas nosas 23 nacionalidades".

Somo DIVERSOS, somos MULTICULTURAIS  , estamos felices diso e queremos compartilo con todos vós.

Grazas a todas e todos por participar nesta nova andanza da biblioteca , esperamos seguir traballando xuntos e xuntas en novos proxectos. Agora toca pechar a biblioteca e maquinar novas cousas para o curso que vén.

Un bruxibiquiño

MARUXA

VÍDEO FIN DE CURSOl de bibliomaruxa

mércores, 31 de maio de 2023

RECOMENDACIÓNS DO VERÁN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Achégase  o verán e o tempo de lecer, que mellor que coller un libro para disfrutar e que nos leve a imaxinación a moitos lugares.

Este curso que marchamos de viaxe coa nosa Maruxa polas nosas nacionalidades, podedes recoller un proverbio hindú que nos di:

" UN LIBRO ABERTO É UN CEREBRO QUE FALA, PECHADO , UN AMIGO QUE ESPERA , OLVIDADE , UN ALMA QUE PERDOA , DESTRUÍDO UN CORAZÓN QUE CHORA" 

Imos pois coas nosas recomendacións para o verán:




MEMORIAS DO PDI " A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES"

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo deste curso estivemos traballando un proxecto sobre a nosa diversidade cultural . Foron moitos os traballos e actividades que se realizaron na aula. Dende aquí queremos darvos mostra deles a través destas memorias trimestrais.

Na primeira avaliación centrámonos en localizarnos no mundo e que cada clase soubera as nacionalidades que nela había. 

Na segunda avaliación, traballamos:

- Os traxes típicos de cada nacionalidade.

- As receitas.

- O Entroido e danzas típicas dos cinco continentes.

- Biografias de mulleres intrépidas dos cinco continentes.

Na terceira avaliación dimos cabida ás familias coa súa visita para explicarnos as súas vivencias polo mundo e tamén ós contos de cada un dos nosos continentes a través dos contos compartidos entre a rapazada de 5º e 6º de Primaria e o resto do colexio.

 Esperamos que disfrutedes deste viaxe tanto coma nós.

Un bruxiquiño.


VISITA DE EVA MEJUTO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Hoxe visitounos Eva Mejuto, a autora do libro " Dez gatiñas viaxeiras " que leron as nenas e os nenos de 1º de Educación Primaria do noso cole dentro dos itinerarios lectores de Educación Primaria.

Con Eva e as gatiñas viaxaron por moitos lugares e pasaron un anaquiño de mañán ben divertido.Despois asinoulles os seus libros e tamén no libro de firma da biblioteca deixou unha fermosa frase. Podedes ver un pouco da súa visita nestas imaxes:








martes, 30 de maio de 2023

CONTOS DO MUNDO COMPARTIDOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

A semana pasada na biblio levouse a cabo a actividade de contos compartidos entre os maiores de quinto e sexto e o resto do cole.

Que marabilla de actividade, só hai que vervos como disfrutades uns dos outros .

Seguiremos facéndoa o vindeiro curso.

Déixovos o vídeo para ver todo o traballo realizado e os debuxos dos maiores que optaron por ilustrar os contos en Kamshibai.

Un bruxibiquiño


CONTOS DO MUNDO COMPARTIDOS de bibliomaruxa

venres, 26 de maio de 2023

NOVIDADES

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como ben sabedes, a nosa bruxa disfruta indo ás bibliotecas do barrio  para mercar libros para vós. Nesta ocasión , escolleu estes exemplares que de seguro disfrutaredes moito.

Un bruxibiquiño



sábado, 20 de maio de 2023

AS NOSAS FAMILIAS E A VOLTA AO MUNDO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Esta semana conmemorouse o día da familia e para iso a nosa Maruxa invitou a todas as familias do cole a vir contarnos e ensinarnos cousas das diferentes nacionalidades que nos compoñen.

Pois ben, podedes ver o resultado das visitas que recibimos neste vídeo.

Un bruxibiquiño


Familia de bibliomaruxa

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Un curso máis deixamos tanto aquí como na páxina web do colexio a nosa revista O OUTEIRIÑO onde amosamos parte dos traballor que realizamos nas aulas este curso e moito máis. 

Un bruxibiquiño

domingo, 14 de maio de 2023

AUTOEMPRÉSTITO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Este ano dende a biblioteca instruimos aos nenos e nenas de quinto de Educación Primaria e 6º a facer elas e eles mesmos o seu empréstito quincenal  no programa MEIGA seguindo unha guía elaborada por Maruxa. Foi un total éxito e o alumnado destes niveis están a rematar o curso e xa fan elas e eles o seu préstamo sen necesidade de axuda por parte das mestras axudantes da biblitoteca. 

UNHAS AUTÉNTICAS BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS!




mércores, 3 de maio de 2023

POEMARIO DOS POETUBERS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Como ben sabedes,  a nosa bruxa agasallou un libro de poemas a cada aula para logo, polo día do libro facer a crítica literaria do mesmo . Asemade, pedía ou ben ilustrar ou cambiar un poema do libro...xogar con el. Pois ben, a nosa bruxiña quere ensinarvos o poemario que entre todas e todos elaboramos e que tamén demos a coñecer como ben podedes ver polo muro de fóra do noso colexio, poetizando así a rúa pola que moitas das nosas nenas e nenos vides á escola. Tamén lles buscamos un recanto no corredor da biblio...que ben quedou !

Que fermosos poemas contruímos entre todas e todos! Magnífico traballo rapazas e rapaces!

Un bruxibiquiño.



















BIBLIOPATIOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Outra iniciativa da nosa bruxiña polo día do libro foi sacar os libros para compartir no tempo de lecer ao aire libre polos patios do colexio.

Para iso, a nosa bruxa e as súas axudantes prepararon estes carriños cheos de libro e fixeron chegar ás aulas unha carta para explicar a actividade que dicía así:

Unha vez lida a carta en todas aulas só quedaba COMPARTIR AS LECTURAS no patio!













Un bruxibiquiño!





domingo, 30 de abril de 2023

VOTAMOS

Ola amiguiñas e amiguiños!

Ao longo dunha semana , os nenos e as nenas de Educaicón Infantil, Primeiro e Segundo de Educaicón Primaria levaron a cabo unhas votacións axudados polo alumnado de sexto onde someterona sondeo as súas propostas para a mellora de biblioteca de Maruxa. 

As propostas recollidas polos maiores e realizadas polos cativos e cativas foron as seguintes:

- Un lugar na biblioteca para pintar.

- Ver pelis na biblioteca.

- Máis contacontos.

- Máis tempo na biblioteca.

Poir ben, despois das votacións realizadas, a opción gañadora foi a de ver pelis na biblio, seguida por crear un espazo para pintar..... MARUXA ANOTA ! Algo terá que cambiar na nosa biblio para recoller as propostas das nosas nenas e nenos.