xoves, 9 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

Dende a nosa biblioteca quixemos conmemorar o Día da Muller brindando unhas actividades que tiveron moito éxito. En primeiro lugar propuxemos que, voluntariamente, os nenos trouxesen a historia dunha muller da súa familia... e o éxito foi enorme. En segundo lugar propuxemos o descubrimento da vida de varias mulleres ilustres e... aquí tedes os resultados. Que bo traballo fixeron os nosos nenos! Os corredores do noso cole están adornados con historias de moitísimas mulleres brillantes.

luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ!

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz e dende a biblioteca fixemos esta bonita exposición de libros... Que vos parece?