domingo, 17 de marzo de 2024

VISITA DE MARÍA CANOSA

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Vaia semana máis chea de visitas tivemos! Esta vez tivemos a sorte de contar con María Canosa quen estivo un anaquiño cos alumnos e alumnas de terceiro de primaria compartindo sensacións, ideas e moitas máis cousas do seu libro tan máxico " As pombas de Bastián".

Grazas a ela puidemos saber que Bastián pode ou non existir, todo depende do nos maxín, do que este queira.

Un bruxibiquiño.










mércores, 13 de marzo de 2024

VISITA BEATRIZ MACEDA

Ola amiguiñas e amiguiños:

Onte disfrutamos da visita de  Beatriz Maceda que compartiu con nós un anaquiño da mañá falando e asinando os seus libros:

- " Lúa en ningures " para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

- " Sentinelas do Silencio " para a rapazada de 6º de Educación Primaria.

Falamos con ela da súa inspiración e do proceso de realización das súas obras que tanto nos gustaron.

Unha aperta , Beatriz.




domingo, 10 de marzo de 2024

VISITA Á BIBLIO MUNICIPAL

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como vimos facendo dende hai uns cursos, a rapazada de EI, segundo , cuarto e sexto de EP vai visitar a biblioteca municipal do noso barrio .

Podedes ver todo o aprendido na seguinte presentación.

Un bruxibiquiño


martes, 27 de febreiro de 2024

CONTACONTOS DE DAVID RODRÍGUEZ

 Ola amiguiñas e amiguiños:

O pasado luns, o 26 de febreiro contamos na biblioteca cunha sesión de contacontos con David Rodríguez.  Contounos " Morto de fame" do noso querido El Hematocrítico a todo o alumnado de 1º e 2º de EP.

Que ben o pasamos escotándoo e mesmo compuxemos todos unha canción relacionada co protagonista da historia.

Grazas, David.





martes, 20 de febreiro de 2024

BIBLIOTECA INCLUSIVA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Uns dos obxectivos de Maruxa é que todo o alumnado poida acceder á nosa biblio e as nosas actividades. Por iso, elaboramos unhas normas, uns carteis con CDU e material de formación de usuarios adaptado con pictogramas. Podedes ollar tanto o ben que queda na biblio e os materias que foron elaborados.

Un bruxibiquiño







xoves, 18 de xaneiro de 2024

APERTAS QUE VOAN

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Polo día da Paz, a nosa bruxa tiña unha boa sorpresa para nós. No buzón que temos nas entradas ás aula deixou unha carta na que nos convidaba a darnos apertas e aprender a canción " Apertas que voan " de Pacp Nogueiras. Tamén nos sorprendeu co concerto de Paco o día 30 , o día da Paz. Entre todas as aulas do colexio fixemos este vídeo tan bonito de apertas e tamén a súa versión con pictos que quedaron tan bonitiño!

Tedes toda a información nesta presentación e debaixo os vídeos coa canción coas nosas fotos e tamén en pictos.

Un bruxibiquiño, 

Maruxa


APERTAS QUE VOAN de bibliomaruxa
PICTOS de bibliomaruxa

xoves, 11 de xaneiro de 2024

PRÉSTAMO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Unha das actividades que máis vos gusta é levar para as vosas casiñas os libros que vós mesmos escolledes na biblio e levades por espazo de dúas semanas.

Ao longo de todo o curso  e puntualmente cada dúas semanas vides á biblio ollades, escolledes e pedides axuda ás mestras que axudan a Maruxa para realizar as vosas seleccións.

Unha pequena mostra.

ESCOLMA DE MARUXA PARA OS CATIVIÑOS E CATIVIÑAS CO COLE:


O MOMENTO DO PRÉSTAMO:




OS MAIORES REALIZANDO ELES MESMOS O EMPRÉSTITO:


GUÍA DE AUTOEMPRÉSTITO: