xoves, 23 de marzo de 2023

VISITA ERICA ESMORÍS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Hoxe foi un día moi especial na nosa biblioteca. A rapazada de cuarto de primaria puido disfrutar da presenza da escritora ERICA ESMORÍS.

Veu compartir con nós o seu libro "PATIO DE LUCES". Primeiro contounos a orixe do libro, logo explicounos o proceso de ilustración do mesmo e para finalizar, asinou os libros das nenas e nenos .

Foi un pracer compartir este tempo e escoitala. 

Un bruxibiquiño , Érica.













mércores, 22 de marzo de 2023

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo deste segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria visitaron a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que é o noso barrio. 

VISITA EDUCACIÓN INFANTIL:

As picariñas e picariños do cole visitaron a biblio para que as bibliotecarias lles contasen un conto coa mascota da biblio. Logo disfrutaron escollendo elas e eles un libro e léndoo tranquiliñas e tranquiliños na biblio. Que ben o pasaron!




VISITA 2º, 4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Os cursos pares de Educación Primaria foron á biblio e as bibliotecarias tiñan preparadas diversas actividades centradas nos seguintes aspectos:

- Segundo de Primaria: Traballaron as partes que compoñen un cómic e logo puideron disfrutar da zona de banda deseñada , escoller e ler cómics ó seu gusto.

- Cuarto de Primaria: A actividade proposta foi sobre os contos tradicionais e como foron evolicionando as personaxes ata chegar a versións máis actualizadas deses contos.

- Sexto de Primaria: Para os maiores a visita estivo centrada nos libros informativos e como empregar o buscador da biblioteca.




GRAZAS BIBLIOTECARIAS POR FACER QUE AS NOSAS VISITAS NA BIBLIO DO BARRIO SEXAN TAN EMOCIONANTES E APRENDAMOS TANTO.

Un bruxibiquiño

martes, 21 de marzo de 2023

PDI: AS RECEITAS DAS NOSAS NACIONALIDADES

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Desde aquí quero amosar a todas e todos o fermoso traballo que fixo todo o cole e dentro do noso PDI: A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES , sobre as receitas típicas dos noso países. 

Entre  todas e todos puidemos aprender o nome, ingredientes e preparación de pratos tan típicos dos nosos países como as arepas de Venezuela, o mafe de Nixeria, o seekh kabab de Pakistán e así moitos máis. Gustounos moito viaxar de novo polos nosos países  da man da súa gastronomía.

Ummm que fame !


venres, 10 de marzo de 2023

CONTACONTOS DO CONCELLO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

A pasada semana o alumnado de primeiro de primaria e de segundo, veñeron á biblio para escoitar o contacontos " O VAMPIRO RAMIRO". Estiveron moi atentas e atentos escoitando o conto e mesmo recibiron unha clase de como debuxar o vampiro. 

Que ben o pasaron!

Un bruxibiquiño.