xoves, 18 de xaneiro de 2024

APERTAS QUE VOAN

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Polo día da Paz, a nosa bruxa tiña unha boa sorpresa para nós. No buzón que temos nas entradas ás aula deixou unha carta na que nos convidaba a darnos apertas e aprender a canción " Apertas que voan " de Pacp Nogueiras. Tamén nos sorprendeu co concerto de Paco o día 30 , o día da Paz. Entre todas as aulas do colexio fixemos este vídeo tan bonito de apertas e tamén a súa versión con pictos que quedaron tan bonitiño!

Tedes toda a información nesta presentación e debaixo os vídeos coa canción coas nosas fotos e tamén en pictos.

Un bruxibiquiño, 

Maruxa


APERTAS QUE VOAN de bibliomaruxa
PICTOS de bibliomaruxa

xoves, 11 de xaneiro de 2024

PRÉSTAMO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Unha das actividades que máis vos gusta é levar para as vosas casiñas os libros que vós mesmos escolledes na biblio e levades por espazo de dúas semanas.

Ao longo de todo o curso  e puntualmente cada dúas semanas vides á biblio ollades, escolledes e pedides axuda ás mestras que axudan a Maruxa para realizar as vosas seleccións.

Unha pequena mostra.

ESCOLMA DE MARUXA PARA OS CATIVIÑOS E CATIVIÑAS CO COLE:


O MOMENTO DO PRÉSTAMO:




OS MAIORES REALIZANDO ELES MESMOS O EMPRÉSTITO:


GUÍA DE AUTOEMPRÉSTITO:

NOVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa estamos de volta de novo despois das vacacións de Nadal. E que mellor maneira que facelo con novidades que como é habitual a nosa bruxa foi mercar ás bibliotecas do noso barrio.

Aquí están e xa algún as levou para a súa casa no empréstito.

Un bruxibiquiño.