martes, 22 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

Xa chegou o Nadal... e con el as vacacións e moito tempo para poder desfrutar do pracer da lectura. Por iso dende a biblioteca preparamos unha exposición de libros e unhas recomendacións para que poidades escoller e aproveitar este tempo. Esperamos que vos guste. Bo Nadal!

martes, 15 de decembro de 2015

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Aquí vos deixamos unha atraente actividade de formación de usuarios realizada por alumnos/as de 3º de Primaria. Bo traballo!

sábado, 7 de novembro de 2015

ACTIVIDADES DE SAMAÍN.

Xa rematou o Samaín e as actividades propostas pola nosa biblioteca relacionadas co mesmo foron todo un éxito tanto en Educación Infantil coma en Educación Primaria. Aquí vos deixamos un par de montaxes de fotos para que vexades como se desenvolveron algunhas das actividades.

Educación Infantil

Educación Primaria

Samain: contos de medo from Ma Toro on Vimeo.

martes, 13 de outubro de 2015

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!!!!

Xa está próximo o Samaín e dende a nosa biblioteca queremos ofrecervos unha serie de actividades para traballar na aula.


Proposta de actividades de Samaín. Pincha aquí.

Ademais destas propostas podemos traballar tamén os contos de medo da seguinte maneira:
-  En Educación Infantil lerase na biblioteca o conto "Cómo reconocer a un monstruo".
   Posteriormente cada grupo debuxará o seu propio monstro en papel continuo grande que se      colocará no corredor. A cada monstro se lle poñerá nome.

- En 1º e 1º de Ed. Primaria lerase o libro "El libro valiente" para realizar as seguintes actividades:
    + Debuxo "O meu medo". Poñerase título ao medo, indicando as sensacións que se teñen cando senten ese medo; indicaranse os trucos que pode seguir para superalo.
    + Cos debuxos e todo o que se indica arriba faise por aula o libro "Colección de medos".

Para ver as actividades de 3º e 4º de Ed. Primaria pincha aquí.

- En 5º e 6º de Ed. Primaria:
     + Visionarase o vídeo "La leyenda del espantapájaros con sonido" en  youtube. Pincha aquí para velo.

mércores, 23 de setembro de 2015

domingo, 13 de setembro de 2015