martes, 31 de maio de 2022

CONTOS EN FAMILIA

Ola amiguiños e amiguiñas:

Este mes de maio a nosa Maruxa, que é moi aguda, mandou un abalar ás familias convidándoas a vir a biblioteca contar uns contos dentro do proxecto UN ANO DE CONTOS.

Así que os cativos e cativas puideron disfrutar dunha sesión de contos ben diferente: Esta vez non eran nin os compañeiros e compañeiras de sexto nin tampouco as mestras que axudan a Maruxa....eran as nosas familias que viñan pasar un anaquiño ben doce á nosa biblio.

Maruxa quedou fascinada do moito que vos gustou a experiencia e está segura de que o vindeiro curso algunha máis argallaremos da man das familias.

Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos:

 

CONTOS EN FAMILIA de bibliomaruxa

sábado, 14 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS

 Este 17 de maio , día das Letras Galegas está adicado a Florencio Delgado Gurriarán. 

Dende a biblioteca de Maruxa fíxose unha escolma de libros para traballar o autor homenaxeado. Adornou o rincón dos desafíos e tamén aparecían na revista escolar que aquí deixamos unha mostra       ( revista editada polo EDLG):


En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua que estivo traballando o Camiño de Santiago , elaboramos unhas recomendacións sobre o tema do Camiño e que quedaran plasmadas no marcapáxinas que todos os anos vai para as vosas casas. Eses libros recomendados voaron da biblio e foron directiños para traballar nas aulas.

Así que unimos biblioteca e EDLG. Os marcapáxinas quedaron fantásticos:


E xa para finalizar, a biblioteca acolleu os vosos traballos: As caricaturas de Florencio Delgado.




martes, 3 de maio de 2022

BIBLIOPATIOS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Hoxe voltamos a ter novas da nosa bruxa. Todas as aulas recibimos unha carta onde nos escribía as seguintes verbas:


Ademáis da carta os cativos e cativas de Educación Infantil levaron aos patios unha caixiña chea de fermosas historias .




Para a rapzada de Primaria , Maruxa preparou unhas bolsas de tea onde gardou un libro informativo, un de poesía, un de narrativa e banda deseñada.




Porque, un libro pode acompañarnos a calquera lugar e compartilo en compañía dos amigos e amigas do colexio é xenial!