mércores, 31 de maio de 2023

RECOMENDACIÓNS DO VERÁN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Achégase  o verán e o tempo de lecer, que mellor que coller un libro para disfrutar e que nos leve a imaxinación a moitos lugares.

Este curso que marchamos de viaxe coa nosa Maruxa polas nosas nacionalidades, podedes recoller un proverbio hindú que nos di:

" UN LIBRO ABERTO É UN CEREBRO QUE FALA, PECHADO , UN AMIGO QUE ESPERA , OLVIDADE , UN ALMA QUE PERDOA , DESTRUÍDO UN CORAZÓN QUE CHORA" 

Imos pois coas nosas recomendacións para o verán:




MEMORIAS DO PDI " A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES"

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo deste curso estivemos traballando un proxecto sobre a nosa diversidade cultural . Foron moitos os traballos e actividades que se realizaron na aula. Dende aquí queremos darvos mostra deles a través destas memorias trimestrais.

Na primeira avaliación centrámonos en localizarnos no mundo e que cada clase soubera as nacionalidades que nela había. 

Na segunda avaliación, traballamos:

- Os traxes típicos de cada nacionalidade.

- As receitas.

- O Entroido e danzas típicas dos cinco continentes.

- Biografias de mulleres intrépidas dos cinco continentes.

Na terceira avaliación dimos cabida ás familias coa súa visita para explicarnos as súas vivencias polo mundo e tamén ós contos de cada un dos nosos continentes a través dos contos compartidos entre a rapazada de 5º e 6º de Primaria e o resto do colexio.

 Esperamos que disfrutedes deste viaxe tanto coma nós.

Un bruxiquiño.


VISITA DE EVA MEJUTO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Hoxe visitounos Eva Mejuto, a autora do libro " Dez gatiñas viaxeiras " que leron as nenas e os nenos de 1º de Educación Primaria do noso cole dentro dos itinerarios lectores de Educación Primaria.

Con Eva e as gatiñas viaxaron por moitos lugares e pasaron un anaquiño de mañán ben divertido.Despois asinoulles os seus libros e tamén no libro de firma da biblioteca deixou unha fermosa frase. Podedes ver un pouco da súa visita nestas imaxes:








martes, 30 de maio de 2023

CONTOS DO MUNDO COMPARTIDOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

A semana pasada na biblio levouse a cabo a actividade de contos compartidos entre os maiores de quinto e sexto e o resto do cole.

Que marabilla de actividade, só hai que vervos como disfrutades uns dos outros .

Seguiremos facéndoa o vindeiro curso.

Déixovos o vídeo para ver todo o traballo realizado e os debuxos dos maiores que optaron por ilustrar os contos en Kamshibai.

Un bruxibiquiño


CONTOS DO MUNDO COMPARTIDOS de bibliomaruxa

venres, 26 de maio de 2023

NOVIDADES

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como ben sabedes, a nosa bruxa disfruta indo ás bibliotecas do barrio  para mercar libros para vós. Nesta ocasión , escolleu estes exemplares que de seguro disfrutaredes moito.

Un bruxibiquiño



sábado, 20 de maio de 2023

AS NOSAS FAMILIAS E A VOLTA AO MUNDO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Esta semana conmemorouse o día da familia e para iso a nosa Maruxa invitou a todas as familias do cole a vir contarnos e ensinarnos cousas das diferentes nacionalidades que nos compoñen.

Pois ben, podedes ver o resultado das visitas que recibimos neste vídeo.

Un bruxibiquiño


Familia de bibliomaruxa

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Un curso máis deixamos tanto aquí como na páxina web do colexio a nosa revista O OUTEIRIÑO onde amosamos parte dos traballor que realizamos nas aulas este curso e moito máis. 

Un bruxibiquiño

domingo, 14 de maio de 2023

AUTOEMPRÉSTITO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Este ano dende a biblioteca instruimos aos nenos e nenas de quinto de Educación Primaria e 6º a facer elas e eles mesmos o seu empréstito quincenal  no programa MEIGA seguindo unha guía elaborada por Maruxa. Foi un total éxito e o alumnado destes niveis están a rematar o curso e xa fan elas e eles o seu préstamo sen necesidade de axuda por parte das mestras axudantes da biblitoteca. 

UNHAS AUTÉNTICAS BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS!




mércores, 3 de maio de 2023

POEMARIO DOS POETUBERS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Como ben sabedes,  a nosa bruxa agasallou un libro de poemas a cada aula para logo, polo día do libro facer a crítica literaria do mesmo . Asemade, pedía ou ben ilustrar ou cambiar un poema do libro...xogar con el. Pois ben, a nosa bruxiña quere ensinarvos o poemario que entre todas e todos elaboramos e que tamén demos a coñecer como ben podedes ver polo muro de fóra do noso colexio, poetizando así a rúa pola que moitas das nosas nenas e nenos vides á escola. Tamén lles buscamos un recanto no corredor da biblio...que ben quedou !

Que fermosos poemas contruímos entre todas e todos! Magnífico traballo rapazas e rapaces!

Un bruxibiquiño.



















BIBLIOPATIOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Outra iniciativa da nosa bruxiña polo día do libro foi sacar os libros para compartir no tempo de lecer ao aire libre polos patios do colexio.

Para iso, a nosa bruxa e as súas axudantes prepararon estes carriños cheos de libro e fixeron chegar ás aulas unha carta para explicar a actividade que dicía así:

Unha vez lida a carta en todas aulas só quedaba COMPARTIR AS LECTURAS no patio!













Un bruxibiquiño!