luns, 30 de decembro de 2019

martes, 3 de decembro de 2019

3 de Decembro: Día da Discapacidade.

Para conmemorar o Día da Discapacidade o Departamento de Orientación e a biblioteca elaboraron un díptico informativo cunha recopilación de contos e cortos que tratan diferentes necesidades e/ou temas como a diversidade, a inclusión, o respecto... Ademais realizouse unha expoisición na entrada da biblioteca con algúns dos contos do díptico e outros relacionados co tema. Esperamos que vosgusten e sexan de axuda.
                               
                               


luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN!!!!

Chegou o Samaín e na biblioteca deseñamos unhas actividades para vivilo a tope. Como todos os anos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca para escoitar uns contos de medo arrepiantes! Ademais fixemos unha exposición de libros relacionados coa temática e unha proposta para traballar o medo a través da arte. Grazas a todos cantos colaborastes!!!!!

mércores, 22 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS!!

Na semana das Letras Galegas fixemos dende a biblioteca unha exposición de libros en galego chulísimos. Ademais de coñecer un pouco máis ao homenaxeado deste ano (Antonio Fraguas Fraguas) puidemos achegarnos a outros títulos en galego moi interesantes. Ademais a biblioteca, en colaboración co profesorado do centro e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixo un tríptico coas nosas recomendacións en lingua galega.

mércores, 13 de marzo de 2019

8 DE MARZO

Este ano celebramos o 8 de Marzo coñecendo a vida de mulleres extraordinarias e pioneiras que marcaron un antes e un despois nos campos nos que destacaron. Cada un dos niveis traballou unha delas e aprendeu moito sobre a súa vida e o seu camiño... e así foi como se expuso. Esperamos que vos guste.


sábado, 26 de xaneiro de 2019

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS!


Este mes recibimos a visita de Ledicia Costas no noso cole, aquí vos deixamos a crónica feita por catro alumnos de 6º de Ed. Primaria. Grazas Ledicia por vir!!

Recibimos a visita de Ledicia Costas:
·A nós pareceunos unha escritora graciosa que contou con humor, algunhas historias que lle aconteceron nas súas visitas a outras escolas, bondadosa, xa que nos resolveu dúbidas, moi boa porque escribiu libros con moita imaxinación e porque escoitou as nosas ideas para poder escribir outros novos.
  Falounos das súas anécdotas escolares, do que poñía a wikipedia sobre ela, dos seus gustos ( comer-  sobre todo chocolate-, as historias de terror...) e dos libros que lía cando era pequena ("Matilda", "Pipi"...)
  Nós destacamos as súas anécdotas, os comentarios que fixo sobre os seus libros, que estivo moi atenta as nosas preguntas e sobre todo a emoción que nos produciu coñecer a unha escritora da nosa comunidade"  (Roi, Aroa, Lucas, Alexia)


venres, 4 de xaneiro de 2019

Agasallos con mensaxes literarios.

Esta idea vímola na Biblioteca da Sagrada Familia e gustounos tanto que decidimos traela á nosa. Á volta de vacacións teredes uns cantos agasallos que os Reis deixaron para vós; agasallos con mensaxes literarios. Atrevédevos a descubrilos!!!