luns, 15 de xaneiro de 2018

COMEZA A VIAXAR A BOLSIÑA DOS IRMÁNS !!!

Esta fin de semana comezou a viaxar a "Bolsiña dos irmáns" que preparamos dende a Biblioteca para todos aqueles nenos e nenas que tiveron un irmanciño ou irmanciña. Dentro desta bolsa viaxeira van uns libros sobre o tema para compartir en familia e un caderno para que cada familia anote o que queira sobre esta experiencia. Que bonita iniciativa!!!!

xoves, 11 de xaneiro de 2018

COUSIÑAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

Neste primeiro trimestre que rematou fixemos na biblioteca dúas exposicións, unha relacionada co Samaín e outra co Nadal. No Samaín, ademais dos libros de medo, fixemos unha exposición cos traballos realizados polos alumnos/as a proposta da biblioteca. Creáronse monstros que tiñan poderes, relatos de medo, contos... quedaron uns traballos ben bonitos! No Nadal fixemos unha exposición de libros relacionados coa época.