domingo, 30 de abril de 2023

VOTAMOS

Ola amiguiñas e amiguiños!

Ao longo dunha semana , os nenos e as nenas de Educaicón Infantil, Primeiro e Segundo de Educaicón Primaria levaron a cabo unhas votacións axudados polo alumnado de sexto onde someterona sondeo as súas propostas para a mellora de biblioteca de Maruxa. 

As propostas recollidas polos maiores e realizadas polos cativos e cativas foron as seguintes:

- Un lugar na biblioteca para pintar.

- Ver pelis na biblioteca.

- Máis contacontos.

- Máis tempo na biblioteca.

Poir ben, despois das votacións realizadas, a opción gañadora foi a de ver pelis na biblio, seguida por crear un espazo para pintar..... MARUXA ANOTA ! Algo terá que cambiar na nosa biblio para recoller as propostas das nosas nenas e nenos.













COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN MENIÑOS

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Ao longo de todo este curso, os luns pola tarde por espazo dunha hora na nosa biblioteca tivo lugar unha actividade lectura da man da FUNDACIÓN MENIÑOS.

Tratouse de que alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria con algunha dificultade na lectura puidese contar con un voluntario para ler e gozar da lectura na nosa biblio.

Foi unha experiencia motivadora, lúdica, proveitosa da que estamos moi orgullosas e orgullosos. Puideron ser sete nenas e nenos pero esperamos que nos vindeiros cursos poidamos contar con máis voluntarias e voluntarios para poder seguir disfrutando xuntas e xuntos da lectura.

Un especial agarimo lle queremos adicar dende aquí ás voluntarias e voluntarios que nos deron a man e acompañaron nas lecturas e demáis actividades realizadas.

Un bruxibiquiño.







VISITA BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Que ben o pasaron as nenas e os nenos de primeiro e segundo de Educación Primaria con Benxamín Míguez Novoa que veu compartir con todas elas e eles os seus contos, anécdotas e ilustracións.

Grazas Benxamín, recibirte na nosa biblio é sinonimo de diversión!

Un bruxibiquiño.








VISITA MARÍA CANOSA


O martes 25 de abril tivemos a oportunidade de coñecer a María Canosa, escritora do libro que estivemos a ler no Plan Lector de Centro.
Tras unha presentación da súa vida por parte de dous alumnos, María falounos da importancia dos lectores para os escritores, do difícil que é comezar un novo libro,… e contounos como é que creou o marabilloso universo do Lobo Ramón. Como curiosiños que somos, aproveitamos para entrevistala e achegarlle as nosas dúbidas sobre o proceso de creación, ás que nos contestou de xeito ameno e pedagóxico.
Para rematar esta experiencia, a escritora escribiunos a cada un de nós unha dedicatoria, ademais da que escribiu no libro de visitas e no libro do Lobo Ramón da Biblioteca de Maruxa.
Moitas grazas pola visita, María! Agardamos con ansias máis aventuras do Lobo Ramón e dos seus amig@s!

Os alumnos e mestras de 3ºA e 3ºB.










luns, 24 de abril de 2023

POETUBERS



 Ola amiguiñas e amiguiños:

Como ben sabedes, o 23 de abril conmemoramos unha data moi importantes: O DÍA DO LIBRO. 
Estaba claro que a nosa bruxa non podía deixar pasara un día tan especial asi que unhas semanas antes todas as aulas do colexio recibiron una agasallo como podedes ver na seguinte foto:



Dentro había un libro de poesía  e unha carta de Maruxa na que nos explicaba que nos ibamos a convertir en POETUBERS, é dicir ibamos traballar o libro de poesía que nos mandaba e logo ibamos gravar a nosa crítica ou recomendación.

Pois ben , as aulas recolleron a encomenda da nosa bruxiña e fixeron uns vídeos que podedes ver a continuación.
Un bruxibiquiño.

POETUBERS INFANTIL de bibliomaruxa
 
 
POETUBERS 1º E 2º de bibliomaruxa
POETUBERS 3º Y 4º de bibliomaruxa




POETUBERS 5º Y 6º de bibliomaruxa

luns, 17 de abril de 2023

DETECTIVES DE BIBLIOTECA: MULLERES INTRÉPIDAS DOS CINCO CONTINENTES

 Ola amiguiñas e amiguiños:

O pasado mes de marzo estivemos a conmemorar na biblioteca a semana da muller e para iso a nosa bruxa Maruxa, escolleu mulleres intrépidas adiantadas aos seus tempos dos cinco continentes. 

Así que todo o colexio dende Infantil a sexto de primaria realizaron diferentes retos e actividades.

Podedes velos no seguinte vídeo:


Copia de Copia de Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de bibliomaruxa