venres, 18 de novembro de 2016
XA TEMOS O NOSO LIBRO DE RECEITAS!
Xa temos o noso Receitario Feiticeiro con todas as apócemas confeccionadas polos nenos e nenas do noso cole. Mirade que chulo!
Fixeron unhas receitas ben monstruosas!
sábado, 29 de outubro de 2016
XA CHEGOU O SAMAÍN!
Xa chegou o Samaín! Este ano na biblioteca adicámolo ás bruxas... Que medo! Tivemos sesións de contacontos de medo na biblioteca e cada clase elaborou unha apócema conxunta para logo facer un libro con elas. Que ben o pasamos!
luns, 3 de outubro de 2016
ESTAMOS ESPERÁNDOVOS!
Con este mes de Outubro comezamos o préstamo na nosa biblioteca! Xa vos estamos esperando con moitos e moitos libros cheos de aventuras, información e miles de cousas máis. Benvidos!
luns, 12 de setembro de 2016
BENVIDOS A UN NOVO CURSO!
Benvidos a un novo curso!
Comezamos un novo curso cheo de ilusións e proxectos que farán que vos acheguedes á biblioteca para que coñezades novos mundos e novas historias. Esperámosvos!
martes, 17 de maio de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Neste Día das Letras Galegas quixemos homenaxear a Manuel María no noso recunchiño do recibidor do cole. Alí expusemos algúns dos títulos de Manuel María e tamén outras obras en galego para nenos; ademais decoramos o espazo con moitas das cousas feitas polos nosos alumnos sobre as obras de Manuel María. Mirade cantas cousas bonitas feitas homenaxeando a na nosa fala!
sábado, 23 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
Este ano no noso cole decidimos adicar o Día do Libro a Xulio Verne (posto que D. Quixote xa foi o noso protagonista o curso pasado). Por iso dende a biblioteca organizamos contacontos e ademais fixemos unha exposición de libros que foi complementada con múltiples traballos realizados polos nosos nenos e nenas. Mirade que bonito quedou todo e tamén ollade a información recollida de Xulio Verne que cada familia levou para a súa casa.
Powered by
Issuu
Publish for Free
martes, 16 de febreiro de 2016
ACTIVIDADE DE FORMACIÓN DE USUARIOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Dende a nosa biblioteca realizamos unha actividade de formación de usuasios para educación infantil que tivo moito éxito. Ás aulas chegarom unhas cartas vheas de misterio e os nenos e nenas de infantil non dubidaron en acudir á biblioteca para descubrir de que conto se trataba. Acertaron ben ata no título!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)