martes, 28 de maio de 2024

BOLSAS E MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Outro ano máis levamos a cabo esta actividade das mochilas viaxeiras e as bolsas de Educación Infantil. Todos os nenos e nenas do colexio puideron disfrutar delas.

Podedes ver algúns exemplares nesta presentación.

Un bruxibiquiño


martes, 21 de maio de 2024

NOVIDADES TERCEIRA AVALIACIÓN

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como todos os trimestres vou visitar as librerías do barrio na procura de novos libros que sei que vos van gustar porque escóitovos na biblio cando lles dicides as miñas axudantas que queredes máis libros de banda deseñada sobre todos os maiores ou contiños para os máis cativos e cativas, sen esquecer os libros informactivos que dende o ciclo medio tanto demandan.

Pois ben , xa na recta final deste curso, estas foron as novidades coas que conta a nosa biblio.

A disfrutalas meus picariños!



mércores, 15 de maio de 2024

PROGRAMA LEXCIT

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Un ano máis , e xa van dous, na biblio do colexio o luns de 16:00 a 17:00 oito alumnos e alumnas con algunha dificultade na lectura, tiveron a sorte de formar parte do programa LEXCIT ( Lectura para o éxito educativo) da man da fundación MENIÑOS.

Trátase de desenvolver actividades relacionadas coa lectura , na que cada neno e nena conta cun voluntario ou voluntaria que o axuda e anima para conseguir mellores logros na lectura e os van acompañando na lectura.

É unha actividade que goza de moito apoio por parte dos voluntarios e a fundación Meniños que sempre resulta moi motivadora e proveitosa para a rapazada que participa nela.

Moitas grazas!