martes, 25 de novembro de 2025

25 N

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

No colexio foron varias as actividades que se levaron a cabo . Paga a pena velas!

Un bruxibiquiño


25 N de bibliomaruxa



Presentación Proyecto edificios Minimalista Blanco de bibliomaruxa

RATO PÉREZ

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Rato Pérez segue a visitar a toda a nosa rapazada e déixalle o seu agasallo que con tanta ilusión esperades!

Un bruxibiquiño


Beige Minimalist Collage Instagram Post de bibliomaruxa

EXPOSICIÓN: O AMENCER DA HUMANIDADE

Presentación Proyecto Prehistoria Ilustrado Crema y Marrón de bibliomaruxa

domingo, 9 de novembro de 2025

NOVIDADES 1ª AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezamos o préstamo cun lote de novidades na nosa biblioteca , expostas no andel correspondente para que a nosa rapazada a leve para as aulas e ler no momento adicado á lectura.

Como disfrutades das novidades da nosa bruxiña!

Un bruxibiquiño.



xoves, 6 de novembro de 2025

PRÉSTAMO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Chega novembro e con el o préstamo de libros para ler no momento adicado á lectura en todo o colexiio ( de 12:05 a 12:30)

Para iso, todas as aulas baixan á biblioteca e da man das profes axudantes de biblioteca escollen o libro que queren levar para ler na aula.Os maiores de quinto e sexto fan eles mesmos o préstamo grazas a guía de autoempréstito.

Canto vos gusta vir á biblio e escoller as vosas lecturas!

Un bruxibiquiño.


Presentación Proyecto Creativo Infantil Doodle Acuarela Multicolor de bibliomaruxa

martes, 4 de novembro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como todos os cursos no mes de outubro arrancan cara as vosas casas as mochilas viaxeiras.Como ben sabedes, de 1º a 6º de Educaión Primaria todo o alumnado leva a mochila por período dunha semana ben cargadiña con un libro informativo, un de poesía e outro de narrativa adaptado ás idades correspondentes. Tamén un caderno onde anotar as nosas preferencias sobre o que lemos. Un pracer compartir as lecturas da nosa bruxiña Maruxa nas vosas casas.

Un bruxibiquiño!


Copia de BOLSAS E MOCHILAS VIAXIERAS de bibliomaruxa

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como todos os meses de outubro, das primeiras actividades que facemos na biblioteca é a de formación de usuarios, algo fundamental na nosa práctica diaria na bilio.

Podedes ver nesta presentación o ben que o pasamos e canto aprendemos. Tamén o noso documento de formación de usuarios.

Un bruxibiquiño.


Copia de Copia de Vídeo Fondo de vídeo Doodle Scribble Azul y amarillo de bibliomaruxa

PRESENTACIÓN PDI: QUE PINTAMOS AQUÍ?

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O pasado 30 de outubro a biblioteca botou a rodar coa presentación do novo proxecto que imos traballar neste curso entre todos e todas: " QUE PINTAMOS AQUÍ?" 

Así que neste curso centrarémonos en aprender sobre diferentes etapas da pintura , autores , cadros representativos e moitas moitas mais cousas.

Comezaron como xa ben sendo habitual cos maiores presentando o PDI coa carta de Maruxa, o seu vídeo e como non , un agasallo.

Podedes ver todo nestas fotos e no vídeo.

Un bruxibiquiño

Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa
Vídeo Cuenta Atrás Intro Animado Simple Azul de bibliomaruxa
Copia de Folleto Díptico Flyer Taller Creativo Infantil Doodle Marrón y Blanco de bibliomaruxa