domingo, 31 de maio de 2026

VIDEO FIN DO PDI

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Outra viaxe que chega ao seu fin...grazas a todas e todos : mestras e mestres, nais e pais, á nosa ANPA, artistas,  e sobre todo ao noso alumnado por levar a cabo este proxecto tan fermoso no que unimos pintura, emocións, momentos de compartir entre todos, festas, talleres ...

Voltamos en setembro con novas aventuras.

Un bruxibiquiño!


Copia de Vídeo Intro Cuenta Atrás Retro Colorido Negro de bibliomaruxa

domingo, 17 de maio de 2026

CINEMA NA ESCOLA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O noso alumnado de sexto participou na actividade CINEMA NA ESCOLA . Este programa persegue converter a cada alumno/a no verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.

Velaquí o corto resultante, no que a nosa biblioteca xoga un papel primordial.

Un bruxibiquiño

venres, 1 de maio de 2026

CORTADORA LÁSER

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo do curso traballamos na aula de Polos realizando cousiñas para o noso alumnado e realcionadas co PDI da biblioteca.Colgantes, chaveiros....encántannos!