martes, 16 de decembro de 2025

CONTOS COMPARTIDOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezamos polo Nadal a actividade de CONTOS COMPARTIDOS entre o alumnado do terceiro ciclo e o alumnado de Eduación Infantil. Unha actividade na que os maiores len libros aos cativiños na hora da lectura os venres. Canto disfrutamos desta actividade!

Un bruxibiquiño.

Copia de PRESENTACIÓN PDI 25- 26 de bibliomaruxa

martes, 25 de novembro de 2025

25 N

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

No colexio foron varias as actividades que se levaron a cabo . Paga a pena velas!

Un bruxibiquiño


25 N de bibliomaruxa



Presentación Proyecto edificios Minimalista Blanco de bibliomaruxa

RATO PÉREZ

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O Rato Pérez segue a visitar a toda a nosa rapazada e déixalle o seu agasallo que con tanta ilusión esperades!

Un bruxibiquiño


Beige Minimalist Collage Instagram Post de bibliomaruxa

EXPOSICIÓN: O AMENCER DA HUMANIDADE

Presentación Proyecto Prehistoria Ilustrado Crema y Marrón de bibliomaruxa

domingo, 9 de novembro de 2025

NOVIDADES 1ª AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezamos o préstamo cun lote de novidades na nosa biblioteca , expostas no andel correspondente para que a nosa rapazada a leve para as aulas e ler no momento adicado á lectura.

Como disfrutades das novidades da nosa bruxiña!

Un bruxibiquiño.



xoves, 6 de novembro de 2025

PRÉSTAMO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Chega novembro e con el o préstamo de libros para ler no momento adicado á lectura en todo o colexiio ( de 12:05 a 12:30)

Para iso, todas as aulas baixan á biblioteca e da man das profes axudantes de biblioteca escollen o libro que queren levar para ler na aula.Os maiores de quinto e sexto fan eles mesmos o préstamo grazas a guía de autoempréstito.

Canto vos gusta vir á biblio e escoller as vosas lecturas!

Un bruxibiquiño.


Presentación Proyecto Creativo Infantil Doodle Acuarela Multicolor de bibliomaruxa

martes, 4 de novembro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como todos os cursos no mes de outubro arrancan cara as vosas casas as mochilas viaxeiras.Como ben sabedes, de 1º a 6º de Educaión Primaria todo o alumnado leva a mochila por período dunha semana ben cargadiña con un libro informativo, un de poesía e outro de narrativa adaptado ás idades correspondentes. Tamén un caderno onde anotar as nosas preferencias sobre o que lemos. Un pracer compartir as lecturas da nosa bruxiña Maruxa nas vosas casas.

Un bruxibiquiño!


Copia de BOLSAS E MOCHILAS VIAXIERAS de bibliomaruxa

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como todos os meses de outubro, das primeiras actividades que facemos na biblioteca é a de formación de usuarios, algo fundamental na nosa práctica diaria na bilio.

Podedes ver nesta presentación o ben que o pasamos e canto aprendemos. Tamén o noso documento de formación de usuarios.

Un bruxibiquiño.


Copia de Copia de Vídeo Fondo de vídeo Doodle Scribble Azul y amarillo de bibliomaruxa

PRESENTACIÓN PDI: QUE PINTAMOS AQUÍ?

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O pasado 30 de outubro a biblioteca botou a rodar coa presentación do novo proxecto que imos traballar neste curso entre todos e todas: " QUE PINTAMOS AQUÍ?" 

Así que neste curso centrarémonos en aprender sobre diferentes etapas da pintura , autores , cadros representativos e moitas moitas mais cousas.

Comezaron como xa ben sendo habitual cos maiores presentando o PDI coa carta de Maruxa, o seu vídeo e como non , un agasallo.

Podedes ver todo nestas fotos e no vídeo.

Un bruxibiquiño

Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa
Vídeo Cuenta Atrás Intro Animado Simple Azul de bibliomaruxa
Copia de Folleto Díptico Flyer Taller Creativo Infantil Doodle Marrón y Blanco de bibliomaruxa

domingo, 1 de xuño de 2025

VÍDEO FINAL DO PDI

 

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Remate este curso onde Maruxa se propuxo un obxectivo:

CREAR CONCIENCIA ECOLÓXICA EN TODOS NÓS

Quero recordarvos como nos convidou a participar nesta nova aventura aló polo mes de outubro neste vídeo.





E agora quero que vexades parte do recorrido que fixemos, porque un vídeo non pode amosar todo o aprendido e traballado. Só vos queda aquí unha pequena mostra .

Vídeo Intro Cuenta Atrás Retro Colorido Negro de bibliomaruxa

Un bruxibiquiño

luns, 26 de maio de 2025

A NOSA HORTA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Canto traballiño hai posto na horta do noso cole! Canto agarimo en cada unha das plantacións, das colleitas e na limpeza e en todo o relacionado coa horta! 

Podedes ver como se foi desenvolvendo neste vídeo.


A NOSA HORTA!! de María M

Tamén o alumnado de quinto C ten moito que dicir sobre se debemos falar de horto oo horta.
Un bruxibiquiño

xoves, 22 de maio de 2025

CONTOS COMPARTIDOS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo deste curso o alumnado de sexto baixou ás aulas de Educación Infantil todos os xoves para lerlle aos cativiños un conto no momento da lectura.

Unha experiencia marabillosa , todo o que sexa compartir encántanos!

Un bruxibiquiño





mércores, 21 de maio de 2025

NOVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Chega o terceiro trimestre, xa queda pouquiño para rematar o curso, e a nosa bruxiña volveu ir polas librerías do barrio na procura de novos libros para mergullarvos en máis aventuras.

Por petición de moitos de vós, chegan á biblio as andanzas do mago Harry Potter e os seus amigos.


Tamén novos títulos para a tan desexada zona da banda deseñada.

Mais tamén chegaron outros títulos para disfrutar entre todos e todas.


Un bruxibiquiño.


domingo, 11 de maio de 2025

CIENCIA NA RÚA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

O pasado sábado 10 de maio unha representación do noso cole foi ao parque de Santa Margarida para compartir coñecementos sobre ciencia e sobre medioambiente. Podedes velo na seguinte presentación.

Grazas a todos polo voso esforzo!

Un bruxibiquiño.

luns, 5 de maio de 2025

LECXIT

 Bo día amiguiñas e amiguiños:

Xa levamos varios anos traballando man a man coa asociación Meniños no programa LECXIT, lectura para o éxito educativo. Persegue mellorar a comprensión lectora como competencia básica para incrementar a garantía de éxito escolar.

É unha iniciativa que aúna a implicación de persoal educativo dos centros escolares co voluntariado e o entorno de nenas e nenos creando una rede estable, motivadora e sustentadora.

Neste curso traballouse con alumnos de quinto e sexto de primaria, obtendo uns resultados moi positivos.


Ao longo deste curso fixeron un lote actividades os lunes de catro a cinco da tarde. Entre elas, podedes ver este libro viaxeiro entre diferentes coles para conmemorar o día do libro

Tamén buscaron entre os libros da biblio frases ou imaxes que lles gustaran aos nenos e plasmaron nun folio.


E moitas outras actividades que lograron conectar ao alumno coa lectura.
Grazas ao esforzo e as ganas que todas as voluntarias poñen para que o noso alumnado avance na súa lectura como parte do seu desenvolvemento global. 
Un bruxibiquiño





xoves, 24 de abril de 2025

ENKI

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O pasado 12 de abril no cole celebramos a carreira ENKI organizada polo equipo de Educación Física contando co apoio da biblioteca que aportou numerosos títulos para poder ler nas aulas no momento lector e así visualizar e concienciar sobre diferentes discapacidades.

Podedes ver o vídeo neste enlace ápáxina web do colexio. ENKI

Unha semana pola inclusión e a convivencia.

Un bruxibiquiño



domingo, 13 de abril de 2025

AMBIENTUBERS- DÍA DO LIBRO

 

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa están aquí as recomendacións lectoras dos noso cativos e cativas relacionadas co proxecto do centro " AMBIENTALISTAS EN ACCIÓN". 

Como ben sabedes, polo día do libro a nosa mascota de bilio, Maruxa, deixa unsa gasallos ás aulas: Un libro para ler no momento lector e despois recomendalo ou non ou non ao resto do colexio. Pois aquí está o resultado.

 Que críticos literarios máis estupendos!

Un bruxibiquiño

EDUCACIÓN INFANTIL

Copia de GALETUBERS INFANTIL de bibliomaruxa

PRIMEIRO CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA:
 
Copia de GALETUBERS 1º CICLO de bibliomaruxa

SEGUNDO CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA:

AMBIENTUBERS 2º CICLO de bibliomaruxa

TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

AMBIENTUBERS 3º CICLO de bibliomaruxa

mércores, 9 de abril de 2025

VISITA DE AUTORES

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O luns 7 de abril a biblio recibiu a visita de Rosa Aneiros para asinar exemplares do seu libro: " Tres bichicomas, dúas illas  e unha serea" do alumnado de sexto. Grazas Rosa!

O alumnado de primeiro de primaria disfrutou da presenza e  divertiuse moito con David Rodríguez quen asinou exemplares do seu libro " Superavoa" o martes 22 de abril. Grazas David!

Nese mesmo día, o 22 de abril , o alumnado de quinto estivo acompañado de Antía Yáñez que presentou o seu libro " Plan de rescate" . Grazas Antía!

E xa no mes de maio tivemos a sorte de contar con Sabela Fernández para falar de sentimentos co alumnado de terceiro de primaria da man do seu libro " Miña avoa, miña heroína" . Grazas Sabela!

Como nos gusta compartir cos autores os libros que lemos no momento adicado á lectura no colexio.

Un bruxibiquiño.




ENTROIDO ECOLÓXICO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O venres 28 de febreiro celebramos un Entroido moi especial, un Entroido pola loita contra o cambio climático. Que ben o pasamos! Podemos ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.

Un bruxibiquiño!

Copia de Entroido de bibliomaruxa

domingo, 26 de xaneiro de 2025

PAZ

 E POLO DÍA DA PAZ E A CONVIVENCIA ESCOLAR QUE MELLOR QUE ENTRE TODAS AS AULAS FACER UN VÍDEO COA CANCIÓN DE PABLO DÍAZ ECOLOXISTAS.


NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN

Ola amiguiños e amiguiñas:

Damos a benvida a un novo ano e col el , coma sempre as novidades que Maruxa atopou nas librerías do barrio e coas que lle encanta sorprendernos para que disfrutemos delas para o préstamo ás aulas. E.. seguindo as vosas peticións libros de banda deseñada, de cociña e por suposto repoñer os libros dos records Guiness que tanto vos gustan.

Xa dispoñibles!

Un bruxibiquiño.