luns, 5 de maio de 2025

LECXIT

 Bo día amiguiñas e amiguiños:

Xa levamos varios anos traballando man a man coa asociación Meniños no programa LECXIT, lectura para o éxito educativo. Persegue mellorar a comprensión lectora como competencia básica para incrementar a garantía de éxito escolar.

É unha iniciativa que aúna a implicación de persoal educativo dos centros escolares co voluntariado e o entorno de nenas e nenos creando una rede estable, motivadora e sustentadora.

Neste curso traballouse con alumnos de quinto e sexto de primaria, obtendo uns resultados moi positivos.


Ao longo deste curso fixeron un lote actividades os lunes de catro a cinco da tarde. Entre elas, podedes ver este libro viaxeiro entre diferentes coles para conmemorar o día do libro

Tamén buscaron entre os libros da biblio frases ou imaxes que lles gustaran aos nenos e plasmaron nun folio.


E moitas outras actividades que lograron conectar ao alumno coa lectura.
Grazas ao esforzo e as ganas que todas as voluntarias poñen para que o noso alumnado avance na súa lectura como parte do seu desenvolvemento global. 
Un bruxibiquiño





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.