Ola amiguiños e amiguiñas:
Canto traballiño hai posto na horta do noso cole! Canto agarimo en cada unha das plantacións, das colleitas e na limpeza e en todo o relacionado coa horta!
Podedes ver como se foi desenvolvendo neste vídeo.
Ola amiguiños e amiguiñas:
Canto traballiño hai posto na horta do noso cole! Canto agarimo en cada unha das plantacións, das colleitas e na limpeza e en todo o relacionado coa horta!
Podedes ver como se foi desenvolvendo neste vídeo.
Ola amiguiños e amiguiñas:
Ao longo deste curso o alumnado de sexto baixou ás aulas de Educación Infantil todos os xoves para lerlle aos cativiños un conto no momento da lectura.
Unha experiencia marabillosa , todo o que sexa compartir encántanos!
Un bruxibiquiño
Ola amiguiños e amiguiñas:
Chega o terceiro trimestre, xa queda pouquiño para rematar o curso, e a nosa bruxiña volveu ir polas librerías do barrio na procura de novos libros para mergullarvos en máis aventuras.
Por petición de moitos de vós, chegan á biblio as andanzas do mago Harry Potter e os seus amigos.
Ola amiguiños e amiguiñas!
O pasado sábado 10 de maio unha representación do noso cole foi ao parque de Santa Margarida para compartir coñecementos sobre ciencia e sobre medioambiente. Podedes velo na seguinte presentación.
Grazas a todos polo voso esforzo!
Un bruxibiquiño.
Bo día amiguiñas e amiguiños:
Xa levamos varios anos traballando man a man coa asociación Meniños no programa LECXIT, lectura para o éxito educativo. Persegue mellorar a comprensión lectora como competencia básica para incrementar a garantía de éxito escolar.
É unha iniciativa que aúna a implicación de persoal educativo dos centros escolares co voluntariado e o entorno de nenas e nenos creando una rede estable, motivadora e sustentadora.
Neste curso traballouse con alumnos de quinto e sexto de primaria, obtendo uns resultados moi positivos.