martes, 13 de outubro de 2015

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!!!!

Xa está próximo o Samaín e dende a nosa biblioteca queremos ofrecervos unha serie de actividades para traballar na aula.


Proposta de actividades de Samaín. Pincha aquí.

Ademais destas propostas podemos traballar tamén os contos de medo da seguinte maneira:
-  En Educación Infantil lerase na biblioteca o conto "Cómo reconocer a un monstruo".
   Posteriormente cada grupo debuxará o seu propio monstro en papel continuo grande que se      colocará no corredor. A cada monstro se lle poñerá nome.

- En 1º e 1º de Ed. Primaria lerase o libro "El libro valiente" para realizar as seguintes actividades:
    + Debuxo "O meu medo". Poñerase título ao medo, indicando as sensacións que se teñen cando senten ese medo; indicaranse os trucos que pode seguir para superalo.
    + Cos debuxos e todo o que se indica arriba faise por aula o libro "Colección de medos".

Para ver as actividades de 3º e 4º de Ed. Primaria pincha aquí.

- En 5º e 6º de Ed. Primaria:
     + Visionarase o vídeo "La leyenda del espantapájaros con sonido" en  youtube. Pincha aquí para velo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.