luns, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO!!!

                 Esta semana celebraremos o Día do Libro; aínda que este ano sexa moi diferente dende a biblioteca queremos facervos algunhas recomendacións e unha proposta para que participedes dende a casiña. 
                  Propoñémosvos que inventedes unha historia curta, a gravedes e nola fagades chegar ao correo da biblioteca para que as poidamos publicar  neste blog e ver que historias tan bonitas creades. No correo que nos enviedes co vídeo poñede o nome do alumno e o curso no que está.
                   Aquí vos deixamos a nosa dirección de correo electrónico:
                                        bibliotecaceipsagradafamilia@gmail.com


                  Ademais deixámosvos aquí as seguintes propostas interesantes:
 
* Aquí tedes un corto que fomenta o pracer pola lectura. Premede aquí.

- Déixovos aquí ligazóns para ver contos preciosos:

https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM&feature=youtu.be






      Tamén vos deixamos aquí unha ligazón para acceder á "Rede de bibliotecas públicas de Galicia", que permite o préstamo de obras en formato electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.