mércores, 2 de febreiro de 2022

CONTACONTOS DA PAZ!!!

             Esta semana, xa que non tiñamos préstamo, adicámola a facer un contacontos da Paz para os cativos e cativas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria. 

             Unha das propostas de Maruxa para estes contacontos foi o libro "Imagine"... Deitadiños cos ollos pechados, escoitando a música da inmortal canción de John Lennon xunto co conto podemos imaxinar como esa pombiña vai levando unha mensaxe de Paz para todo o mundo:

 "Podes dicir que son un soñador, 

pero non son o único. 

Espero que algún día te unas a nós 

e o mundo será un só"





Animádevos a facelo vós tamén!


Bruxibiquiños! Unha aperta.
Maruxa


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.