sábado, 12 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER

 Benqueridas amigas e amigos:

O 8 de marzo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Por esta razón decidimos sacar dos andeis libros de mulleres moi interesantes e poñer á disposición de todos os cativos e as cativas do colexio, xa que esta semana tocaba préstamo. 

Velaquí a nosa exposición:






E como respondeu a cativada do colexio? Pois levando moitos destes libros ás súas aulas e as súas casas para coñecer a vida destas mulleres tan importantes e interesantes.
Os expositores voltaron a quedar medio baleiros. Ese era o obxectivo da nosa MARUXA.



BOA ELECCIÓN MEUS QUERIDIÑOS E QUERIDIÑAS!

Pero logo de ler e traballar algúns destes libros sobre a vida de mulleres moi interesantes, nalgunhas aulas fixeron un traballiño relacionado. 

Así, por exemplo en Educación Infantil traballaron a vida da aviadora Elisa Patiño, a primeira muller galega en pilotar un avión .


En 1º e 2º de Educación Primaria traballaron a figura de pintora Maruja Mallo. Despois de colorear un dos seus cadros e facer un collage buscando a simetría con elementos naturais, levaron para as súas casas unha piruleta de Maruja .

Quedámonos coa frase de Maruja Mallo:
" TODOS OS DÍAS DA MIÑA VIDA TIVERON UN ANACO DE FELICIDADE"

UN BRUXIBIQUIÑO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.