O pasado martes 29 de marzo, tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca... a visita dun autor moi coñecido no noso cole: Miguel Ángel López, El Hematocrítico. O rapazada de Segundo de Primaria foi agasallada en xaneiro por Maruxa e dentro do proxecto " Un ano de contos" con dous contiños del: Vaia cabuxiño ! e Alcaldesa Vermella.
Foi moi emocionantes que nos falara dos dous libros e comprobar quen está detrás dos contos que chegan ata nós.
Os nenos e nenas das dúas aulas puideron charlar con el, facerlle preguntas e mesmo asinar os libros que tanto nos gustan.
Pasamos un anaco de mañá moi pero que moi entretidos, e mesmo descubrimos que era veciño noso. Grazas Hemato por todo o que nos aportaches.
Un bruxibiquiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.