Este venres celebramos o Día do Libro e, aínda que os contos están presentes cada día, esta semana centrámonos nos contos con música, contos sonoros, contos relacionados con obras musicais ou contos cantados. Grazas aos nos@s alumn@s pola súa participación nesta data e con estes traballos tan chulos! Noraboa!!
- Os pitiños e os ratiños de 4 anos descubriron unha nova canción das recollidas no libro "En Cabárceno se oye cantar" de Susa Herrera. Xa que están coñecendo moitos peixes e animais mariños coñeceron unha canción do leon mariño e fixeron uns debuxos ben chulos! Ademais fixeron uns marcapáxinas dunha quenllas balea. Mirade que artistas!!!
- Os peques de Primeiro de Primaria coñeceron "El lago de los cisnes" e fixeron uns libros moi vistosos!
- Os peques de 3º A coñeceron a "Sofía, a vaca namorada da música" e decoraron o corredor cuns debuxos ben bonitos!
- As Miñocas de 5º C fixeron o seu propio marcapáxinas e cóntannos "El lápiz mágico de Malala"
Picade na imaxe para ver o vídeo |
- En 6º C fixeron uns bonitos carteis sobre "El lago de los cisnes" despois de ver o ballet e coñecer a historia a través dun fermoso libro con imaxes troqueladas.
Podedes premer nos títulos dos libros para ver os vídeos relacionados con eles.
Grazas a todos pola vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.