domingo, 30 de abril de 2023

COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN MENIÑOS

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Ao longo de todo este curso, os luns pola tarde por espazo dunha hora na nosa biblioteca tivo lugar unha actividade lectura da man da FUNDACIÓN MENIÑOS.

Tratouse de que alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria con algunha dificultade na lectura puidese contar con un voluntario para ler e gozar da lectura na nosa biblio.

Foi unha experiencia motivadora, lúdica, proveitosa da que estamos moi orgullosas e orgullosos. Puideron ser sete nenas e nenos pero esperamos que nos vindeiros cursos poidamos contar con máis voluntarias e voluntarios para poder seguir disfrutando xuntas e xuntos da lectura.

Un especial agarimo lle queremos adicar dende aquí ás voluntarias e voluntarios que nos deron a man e acompañaron nas lecturas e demáis actividades realizadas.

Un bruxibiquiño.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.