domingo, 30 de abril de 2023

VISITA MARÍA CANOSA


O martes 25 de abril tivemos a oportunidade de coñecer a María Canosa, escritora do libro que estivemos a ler no Plan Lector de Centro.
Tras unha presentación da súa vida por parte de dous alumnos, María falounos da importancia dos lectores para os escritores, do difícil que é comezar un novo libro,… e contounos como é que creou o marabilloso universo do Lobo Ramón. Como curiosiños que somos, aproveitamos para entrevistala e achegarlle as nosas dúbidas sobre o proceso de creación, ás que nos contestou de xeito ameno e pedagóxico.
Para rematar esta experiencia, a escritora escribiunos a cada un de nós unha dedicatoria, ademais da que escribiu no libro de visitas e no libro do Lobo Ramón da Biblioteca de Maruxa.
Moitas grazas pola visita, María! Agardamos con ansias máis aventuras do Lobo Ramón e dos seus amig@s!

Os alumnos e mestras de 3ºA e 3ºB.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.