domingo, 31 de maio de 2026

VIDEO FIN DO PDI

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Outra viaxe que chega ao seu fin...grazas a todas e todos : mestras e mestres, nais e pais, á nosa ANPA, artistas,  e sobre todo ao noso alumnado por levar a cabo este proxecto tan fermoso no que unimos pintura, emocións, momentos de compartir entre todos, festas, talleres ...

Voltamos en setembro con novas aventuras.

Un bruxibiquiño!


Copia de Vídeo Intro Cuenta Atrás Retro Colorido Negro de bibliomaruxa

domingo, 17 de maio de 2026

CINEMA NA ESCOLA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O noso alumnado de sexto participou na actividade CINEMA NA ESCOLA . Este programa persegue converter a cada alumno/a no verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.

Velaquí o corto resultante, no que a nosa biblioteca xoga un papel primordial.

Un bruxibiquiño

venres, 1 de maio de 2026

CORTADORA LÁSER

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo do curso traballamos na aula de Polos realizando cousiñas para o noso alumnado e realcionadas co PDI da biblioteca.Colgantes, chaveiros....encántannos!











luns, 20 de abril de 2026

NOVIDADES 3ª AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa comezado o terceiro trimestre, a biblio da a benvida ás novidades que a nosa Maruxa foi buscando polas librerías de barrio.

Velaquí están! Voaron na semana de préstamo.

Un bruxibiquiño!



VISITA AUTORAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo deste curso , contamos con dúas escritoras marabillosas no noso colexio:

- Eva Mejuto para falarnos do seu libro " Cando leo" para o alumnado de 1º de EP

- Sabela Fernández Trelles co libro" Que queres ser de maior pequena?" para os nenos e nenas de 2º de EP.


?” para o alumnado de segundo de Primaria.


AUTORAS de bibliomaruxa

martes, 7 de abril de 2026

OBRA DE TEATRO ALUMNADO 1º CICLO

Ola amiguiños e amiguiñas!

Co gallo  de fomentar a lectura, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutou dunha obra de teatro na biblioteca onde se representou o conto " A pequena osa quere xogar"

Que ben o pasamos ! Rompendo esterotipos!

Un bruxibiquiño






domingo, 8 de febreiro de 2026

DíA DA PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Conmemoramos o día da Paz dunha maneira moi especial. Só tedes que ver esta presentación.

Mais tamén o alumnado de 5º e 6º traballou poemas de paz de Gianni Rodari e gravaron un programa de radio. Podedes escoitalos e velos neste enlace:

RADIOMARUXA- POEMAS DE PAZ

Un bruxibiquiño


DÍA DA PAZ de bibliomaruxa