mércores, 26 de decembro de 2018

Bo Nadal!

Xa chegou o Nadal e con el as nosas recomendacións de lectura e a exposición de postais e libros, mirade que bene quedou! Esperamos que bos guste. Felices Festas!!!

 

Picade no seguinte enlace para ver o trítico de recomendacións para o Nadal.

Recomendacións de libros para o Nadal

luns, 17 de decembro de 2018

MÁIS LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE NADAL!

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras que nos deixan de novo os nenos de 6º A. Desta volta son Mbye, que nos fala de "Mi vecino de abajo" de Daniel Nesquens, e Ariadna que nos fala de "Rubicundo" de María Canosa. Esperamos que vos gusten! Grazas e noraboa polo voso traballo rapaces!

Mi vecino de abajo from Ma Toro on Vimeo.

Rubicundo from Ma Toro on Vimeo.

luns, 10 de decembro de 2018

LECTURAS RECOMENDADAS

Xa se achega o Nadal e que mellor agasallo que un libro!!! Aquí vos deixamos unha estupenda recomendación que nos deixa Icía da clase de 6º A: "A señorita Bubble" de Ledicia Costas. Esperamos que vos guste... Grazas Icía!!!

libro-2_0001 from Ma Toro on Vimeo.

venres, 2 de novembro de 2018

CHEGOU O SAMAÍN!!!!

Chegou o Samaín e con el os contos de medo á nosa biblioteca!! Mirade que exposición e contacontos máis terroríficos!!! Pasámolo de medo!!!

luns, 15 de xaneiro de 2018

COMEZA A VIAXAR A BOLSIÑA DOS IRMÁNS !!!

Esta fin de semana comezou a viaxar a "Bolsiña dos irmáns" que preparamos dende a Biblioteca para todos aqueles nenos e nenas que tiveron un irmanciño ou irmanciña. Dentro desta bolsa viaxeira van uns libros sobre o tema para compartir en familia e un caderno para que cada familia anote o que queira sobre esta experiencia. Que bonita iniciativa!!!!

xoves, 11 de xaneiro de 2018

COUSIÑAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

Neste primeiro trimestre que rematou fixemos na biblioteca dúas exposicións, unha relacionada co Samaín e outra co Nadal. No Samaín, ademais dos libros de medo, fixemos unha exposición cos traballos realizados polos alumnos/as a proposta da biblioteca. Creáronse monstros que tiñan poderes, relatos de medo, contos... quedaron uns traballos ben bonitos! No Nadal fixemos unha exposición de libros relacionados coa época.