luns, 20 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 E xa para rematar este trimestre tan emocionante e intenso, Maruxa envíavos todos os seus mellores desexos para este Nadal e como non, as mellores das lecturas da man das súas recomendacións.

          


 


E dende a bilioteca do barrio nos recomendan tamén.... CLICA NA IMAXE 



 

venres, 17 de decembro de 2021

SEMANA DE RECOMENDACIÓNS DE NADAL NA BIBLIOTECA

 Esta semana Maruxa estivo encantada porque recibiu a vosa visita. Quixo que viñerades ver as recomendacións que fai para este Nadal e que publicaremos a vindeira semana no blogue.

Disfrutamos vendo os libros, abríndoos e sabendo o interesantes que eran. 

Como é tan xenerosa, quixo que as súas recomendacións estiveran no seu POTE, sí ,no pote que emprega para facer os seus conxuros.

CANTO VOS GUSTOU VELO E SABER QUE MARUXA O QUIXO COMPARTIR CON VÓS!




15 DE DECEMBRO: DIA OTAKU

 O 15 de decembro é o día Otaku. Na biblio temos libros que vos interesan a todos e todas OTAKUS.



SORPRESAS DOS DESAFÍOS

 Maruxa está a levar moitas sorpresas de como vos están a impregnar os seus desafíos. Aquí vai unha mostra.

                                  DESAFÍO NÚMERO 2: LEO LIONNI.

Sofía e familia de Educación Infantil de tres aniños trouxeron á clase este fermoso traballo que fixeron sobre Frederick. A seguir con esa ilusión!












venres, 3 de decembro de 2021

Día Internacional das persoas con discapacidade.

 Ola amiguiños!

            Hoxe 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade. Maruxa non quixo deixar pasar esta ocasión para recomendarnos lecturas que nos axudan a ver a discapacidade dende unha perspectiva inclusiva e integradora. O respecto aos outros e ás súas diferenzas é unha peza clave para a convivencia... 

             Aquí vos deixamos as recomendacións de Maruxa e o díptico que nos fixo chegar ás aulas a través das súas axudantas. Animádevos a coñecelos... son unha marabilla!























mércores, 1 de decembro de 2021

SEGUNDO DESAFÍO: FREDERICK E LEO LIONNI.

Ola amiguiños e amiguiñas: 

O mércores 1 de decembro, recibimos máis noticias da nosa Maruxa. Dicíamos que estaba emocionada do ben que fixéramos o desafío que nos encomendara. Comentábanos que os seus amigos Sherlock e Ágatha estaban moi apurados intentando resolver outro misterio e que precisaban da nós novamente. Estaban tan apurados que nin puideron disfrutar dunha taza de caldo. Así que nos deixaron unha carta na que nos  dixeron que tiñamos que poñer o caletre de novo a funcionar e  descubrir:

“ Tedes que adiviñar o nome dun animal, habita nun conto que todos deberíamos ler ao longo da nosa vida”




Para iso os máis cativos recibiron estas pistas , os maiores outro tipo de probas... pero todos co mesmo obxectivo.

Aí van as pistas:

SABEDES DE QUEN SE TRATA XA?Mirade e escoitade esto contiño


Pois claro que sí, do ratiño FREDERICK. 
O rato poeta que se atopa no libro dun dos grandes autores de literatura infantil: LEO LIONNI . Para saber máis do autor podedes encontrar información neste enlace.
Maruxa quixo deixarnos uns traballiños para aprender máis do autor deste ratiño, para iso fixo tres tipos de actividades diferencias:
- CATIVAS E CATIVOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMEIRO DE SEGUNDO DE PRIMARIA:
Averiguar o nome e  escribilo no folletiño que se lles deu e levalo á biblio , ao buzón de Maruxa.


- PARA OS MEDIANOS DE TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


- PARA OS MAIORES DE QUINTO E SEXTO:



ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTECA PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DESTE E DE MÁIS CONTOS DESTE MARABILLOSO AUTOR.