E xa para rematar este trimestre tan emocionante e intenso, Maruxa envíavos todos os seus mellores desexos para este Nadal e como non, as mellores das lecturas da man das súas recomendacións.
E xa para rematar este trimestre tan emocionante e intenso, Maruxa envíavos todos os seus mellores desexos para este Nadal e como non, as mellores das lecturas da man das súas recomendacións.
Esta semana Maruxa estivo encantada porque recibiu a vosa visita. Quixo que viñerades ver as recomendacións que fai para este Nadal e que publicaremos a vindeira semana no blogue.
Disfrutamos vendo os libros, abríndoos e sabendo o interesantes que eran.
Como é tan xenerosa, quixo que as súas recomendacións estiveran no seu POTE, sí ,no pote que emprega para facer os seus conxuros.
CANTO VOS GUSTOU VELO E SABER QUE MARUXA O QUIXO COMPARTIR CON VÓS!
Maruxa está a levar moitas sorpresas de como vos están a impregnar os seus desafíos. Aquí vai unha mostra.
DESAFÍO NÚMERO 2: LEO LIONNI.
Sofía e familia de Educación Infantil de tres aniños trouxeron á clase este fermoso traballo que fixeron sobre Frederick. A seguir con esa ilusión!
Ola amiguiños!
Hoxe 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade. Maruxa non quixo deixar pasar esta ocasión para recomendarnos lecturas que nos axudan a ver a discapacidade dende unha perspectiva inclusiva e integradora. O respecto aos outros e ás súas diferenzas é unha peza clave para a convivencia...
Aquí vos deixamos as recomendacións de Maruxa e o díptico que nos fixo chegar ás aulas a través das súas axudantas. Animádevos a coñecelos... son unha marabilla!
Ola amiguiños e amiguiñas:
O mércores 1 de decembro, recibimos máis noticias da nosa Maruxa. Dicíamos que estaba emocionada do ben que fixéramos o desafío que nos encomendara. Comentábanos que os seus amigos Sherlock e Ágatha estaban moi apurados intentando resolver outro misterio e que precisaban da nós novamente. Estaban tan apurados que nin puideron disfrutar dunha taza de caldo. Así que nos deixaron unha carta na que nos dixeron que tiñamos que poñer o caletre de novo a funcionar e descubrir:
“ Tedes que adiviñar o
nome dun animal, habita nun conto que todos deberíamos ler ao longo da nosa
vida”
Para iso os máis cativos recibiron estas pistas , os maiores outro tipo de probas... pero todos co mesmo obxectivo.
Aí van as pistas:
Grazas profes,
grazas nenos e nenas.
Grazas , grazas por encher a biblioteca e o corredor cos vosos traballos.
Maruxa
O mes de novembro está adicado aos libros de CIENCIA EN GALEGO nas bibliotecas escolares. Por iso, decidimos facer unha escolma cos libros que tiñamos na biblioteca e engadir uns poucos máis que se mercaron. Con todos eles fixemos unha exposición para que os nenos e nenas do cole colleran aqueles que máis lles interesaran. Dende aquí podedes ver os libros dos que dispuxemos
ESTÁN CHEGANDO MOITAS NOVIDADES Á LAREIRA DE MARUXA. POUCO A POUCO IREDES DISFRUTANDO DA SÚA LECTURA. QUEREMOS ENSINÁRVOLAS, SON DE TRES AUTORAS E UN AUTOR MOI QUERIDAS E QUERIDO POLA NOSA BRUXA. TODOS EN GALEGO!
A nosa Maruxa hoxe deixounos na lareira da biblioteca un agasallo para todas as clases.Velaquí o tedes:
Hoxe recibimos noticias de Maruxa. Imos contar:
Resulta que nos mandou unha carta na que nos contaba que na súa lareira estiveran tomando unha cunca de caldo dous amigos dela: Sherlock Holmes e Aghata Christie dous detectives fantásticos,meticulosos, pacientes, intelixentes, sagaces e sobre todo moi observadores e reflexivos.. Ao longo da súa vida resolveron milleiros de misterios recollidos en entretidos libros. Son tan bos, que os casos chegan as súas casas continuamente e non dan feito. Por iso, sabendo da nosa intelixencia queren compartilos con nós e que lles axudemos a resolver o que eles chaman DESAFÍOS.
O primeiro deles consiste en averiguar o seguinte:
" O nome dun animal que protagoniza un conto infantil moi importante".
Aquí tedes o desafío, di así:
Como sabedes, co remate do curso anterior deixamos atrás a nosa biblioteca na planta baixa do cole e comezaron as obras para o seu traslado ao primeiro piso. Dende Maio ata agora estivemos atarefados recollendo primeiro e logo poñendo en marcha a nosa biblio. Polo medio recibimos a noticia da nosa incorporación ao PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares) e cheos de ilusión seguimos maquinando e poñendo a biblioteca en marcha.
Despois de moitas horas de traballo entre todos chegamos á meta da inauguración da biblioteca o día 25 de Outubro. Os contacontos de Samaín foron a nosa mellor maneira de inaugurar un espazo que pretende ser o centro do noso cole. Grazas a todos cantos nos axudaron e mención especial a Ana Tenreiro e outras mamás colaboradoras pola súa implicación e o seu traballo para que a biblioteca quedase preciosa.
Aquí vos deixamos un vídeo resumindo todas estas etapas polas que pasamos, esperamos que vos guste.
COMO DISFRUTAMOS TODOS DESTA EXPERIENCIA E DESTE LUGAR TAN MÁXICO! Mesmo había de quen non quería saír da biblio....