mércores, 16 de setembro de 2026
domingo, 31 de maio de 2026
VIDEO FIN DO PDI
Ola amiguiñas e amiguiños!
Outra viaxe que chega ao seu fin...grazas a todas e todos : mestras e mestres, nais e pais, á nosa ANPA, artistas, e sobre todo ao noso alumnado por levar a cabo este proxecto tan fermoso no que unimos pintura, emocións, momentos de compartir entre todos, festas, talleres ...
Voltamos en setembro con novas aventuras.
Un bruxibiquiño!
domingo, 17 de maio de 2026
CINEMA NA ESCOLA
Ola amiguiños e amiguiñas:
O noso alumnado de sexto participou na actividade CINEMA NA ESCOLA . Este programa persegue converter a cada alumno/a no verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.
Velaquí o corto resultante, no que a nosa biblioteca xoga un papel primordial.
Un bruxibiquiño
venres, 1 de maio de 2026
CORTADORA LÁSER
Ola amiguiños e amiguiñas:
Ao longo do curso traballamos na aula de Polos realizando cousiñas para o noso alumnado e realcionadas co PDI da biblioteca.Colgantes, chaveiros....encántannos!
luns, 20 de abril de 2026
NOVIDADES 3ª AVALIACIÓN
Ola amiguiños e amiguiñas!
Xa comezado o terceiro trimestre, a biblio da a benvida ás novidades que a nosa Maruxa foi buscando polas librerías de barrio.
Velaquí están! Voaron na semana de préstamo.
Un bruxibiquiño!
VISITA AUTORAS
Ola amiguiños e amiguiñas:
Ao longo deste curso , contamos con dúas escritoras marabillosas no noso colexio:
- Eva Mejuto para falarnos do seu libro " Cando leo" para o alumnado de 1º de EP
- Sabela Fernández Trelles co libro" Que queres ser de maior pequena?" para os nenos e nenas de 2º de EP.
?” para o alumnado de segundo de Primaria.
martes, 7 de abril de 2026
OBRA DE TEATRO ALUMNADO 1º CICLO
Ola amiguiños e amiguiñas!
Co gallo de fomentar a lectura, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutou dunha obra de teatro na biblioteca onde se representou o conto " A pequena osa quere xogar"
Que ben o pasamos ! Rompendo esterotipos!
Un bruxibiquiño



