sábado, 25 de abril de 2020

OUTRA HISTORIA DENDE A CASIÑA!!!

Ola familias:
    Desta volta é Lucía de 5º C a que nos amosa unha historia que fixo estes días na casiña. Esperamos que vos guste.  Grazas Lucía!!!



venres, 24 de abril de 2020

HISTORIAS DENDE A CASIÑA!!

Ola familias!!
         Propuxémos para o día do Libro que nos podiades mandar historias inventadas polos vosos cativos... e aquí temos a primeira!!! Grazas a Izan  de 3 anos A e a súa familia por esta fermosa historia!!!


luns, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO!!!

                 Esta semana celebraremos o Día do Libro; aínda que este ano sexa moi diferente dende a biblioteca queremos facervos algunhas recomendacións e unha proposta para que participedes dende a casiña. 
                  Propoñémosvos que inventedes unha historia curta, a gravedes e nola fagades chegar ao correo da biblioteca para que as poidamos publicar  neste blog e ver que historias tan bonitas creades. No correo que nos enviedes co vídeo poñede o nome do alumno e o curso no que está.
                   Aquí vos deixamos a nosa dirección de correo electrónico:
                                        bibliotecaceipsagradafamilia@gmail.com


                  Ademais deixámosvos aquí as seguintes propostas interesantes:
 
* Aquí tedes un corto que fomenta o pracer pola lectura. Premede aquí.

- Déixovos aquí ligazóns para ver contos preciosos:

https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM&feature=youtu.be






      Tamén vos deixamos aquí unha ligazón para acceder á "Rede de bibliotecas públicas de Galicia", que permite o préstamo de obras en formato electrónico.

sábado, 18 de abril de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

    Antes da interrupción das clases polo estado de alarma estabamos a preparar os chanzos do noso cole con frases de mulleres célebres e que co seu traballo, a súa obra e o seu esforzo loitaron por cambiar o mundo. Mirade como nos estaba a quedar a nosa homenaxe no "Día da Muller" .














CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS!!!

           Este trimestre que rematou recibimos a visita de Andrés e Bea de ACOPROS para contarnos uns preciosos contos en lingua de signos. Dos máis pequenos aos máis grandes saíron encantados dun contacontos precioso e especial; ademais aprendimos moitas palabras para facer en Lingua de Signos. 
            Grazas pola vosa visita!!! Encantounos!!!