sábado, 29 de outubro de 2022

O NOSO SAMAIN

 " MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS BRUXAS...

Xa está aquí o noso SAMAIN, cheo de historias de pantasmas, morcegos, bruxas ... de cabazas, de disfraces , de troula e moita moita diversión.


SAMAÍN NO CEIP SAGRADA FAMILIA ( A CORUÑA) de bibliomaruxa

sábado, 22 de outubro de 2022

ACTIVIDADES DA BIBLIO MUNICIPAL

 NON ESQUEZADES PARTICIPAR...AS ACTIVIDADES NA BIBLIO DO BARRIO SON SUPER DIVERTIDAS!





PRESENTACIÓN DO PDI: " A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES"

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Se algo caracteriza á nosa escola é unha fermosa DIVERSIDADE. Temos nenas e nenos de moitos países, familias que chegan dende outros lugares do planeta , e por suposto temos que coñecer esas nacións . Para iso , Maruxa púxose mans á obra e organizou un PDI para levar a cabo entre todo o colexio: " A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES"

Así que como ben sendo habitual deixou unha sorpresa na biblioteca:

- Unha caixiña para todas as aulas. 

Que habería dentro das caixas? Pois unha carta dela encomendándolle aos maiores de sexto que difundiran o proxecto polas demáis aulas e unha bóla do mundo, o mundo que imos percorrer.

Velaquí están as mostras do agasallo de Maruxa.



E mirade para algúns dos maiores do cole que felices foron ás aulas dos máis cativos e cativas presentar  o proxecto:


Aquí vos deixamos o recanto da nosa biblioteca onde se atopan libros relacionados co PDI que a nosa bruxa creou para que poidades consultar e facer os vosos traballos.



E xa para rematar, un vídeo de Maruxa sobre o noso proxecto.


NÓS E O MUNDO de bibliomaruxa

AGORA TOCA VIAXAR!!!

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Como ben sabedes, Maruxa xa está de volta para lanzarnos entre todas e todos a difrutar de novas aventuras. Para iso, o mes de outubro adicámolo a formar ás nosas nenas e nenos como usuarias e usuarios da biblio. Deixamos este video para que poidades ver en que consistiron estas actividades.

Un bruxibiquiño,

Maruxa

Vídeo Fondo de vídeo Doodle Scribble Azul y amarillo de bibliomaruxa

xoves, 6 de outubro de 2022

MARUXA ESTÁ DE VOLTA!

        Xa están os cativos do cole recibindo os agasallos de Maruxa! Con razón levaba caladiña tanto tempo! Na bolsiña de agasallo dos peques de Infantil, 1º e 2º de Primaria hai unha invitación para ir á biblioteca xunto a un contiño e unhas imaxes para identificar e xogar!  Os máis maiores recibiron unha invitación e un libro que van ler na clase entre todos e todas ! Que nervios! A vindeira semana iremos visitala!