sábado, 23 de abril de 2022

BOOKTUBERS

EXTRA, EXTRA!

Polo día do libro os nenos e nenas do colexio viñeron á biblioteca de Maruxa despois de recibir unha das súas cartas para convertirse en BOOKTUBERS. 



Maruxa e as súas axudantas de biblioteca están moi pero que moi contentas e fachendosa do ben que o fixeron todos e todas, e máis aínda do esforzo e as ganas que lles puxeron nesta 1ª EDICIÓN DE BOOKTUBERS.

O vindeiro curso máis!

Un bruxibiquiño.





 

EDUCACIÓN INFANTIL de bibliomaruxa
BOOKTUBERS 1 E 2 de bibliomaruxa
BOOKTUBERS 3 E 4 de bibliomaruxa
BOOKTUBERS 5 E 6 de bibliomaruxa

xoves, 21 de abril de 2022

PRIMALETRAS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como ben sabedes, o que máis me gusta na vida son as bibliotecas, eses lugares cheos de historias, de soños de aprendizaxes... de vivencias. Pois as bibliotecas municipais  da nosa cidade oferta unhas actividades fantásticas dentro da programación" PRIMALETRAS".

AQUÍ VOS DEIXO O PROGRAMA.

BRUXIBIQUIÑOS




sábado, 9 de abril de 2022

VISITA DE XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL

 O xoves 7 de Abril tivemos unha visita moi especial... a do escritor Xulio López Valcárcel. A historia comeza co último desafío de Maruxa polo día da poesía. Á clase dos Pitiños (5 anos A) chegou un libro moi bonito e que dende o principio lles encantou: "O pitiño revolucionario". Tanto e tanto lles gustou que os pitiños quixeron saber quen escribira aquel libro, querían coñecelo e facerlle moitas preguntas!!! E así foi como nos puxemos en contacto con Xulio López Valcárcel... non temos máis que palabras de agradecemento pola súa visita, o seu agarimo e a súa xenerosidade. 

Grazas D. Xulio!



              





venres, 8 de abril de 2022

CONTOS COMPARTIDOS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

A semana do 28 de marzo ao 1 de abril na lareira de Maruxa tivo lugar unha actividade marabillosa: Os maiores decidiron contar uns contos aos máis cativos e cativas do colexio dentro do proxecto que se está a levar a cabo, UN ANO DE CONTOS.

Escolleron os libros da biblioteca e traballáronos a fondo, xa que non leron o conto: Contárono e despois facían preguntas aos cativiños e cativiñas que tan atentos estiveron que sempre acertaban. Ata axudaron a acomodar aos máis pequeniños de 3 anos para que estiveran máis a gusto na biblio.

 Moi boa experiencia ! Só esperamos que a lembrades por moito tempo.

Un bruxibiquiño,

Maruxa.



venres, 1 de abril de 2022

VISITA DO HEMATOCRÍTICO


 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado martes 29 de marzo, tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca... a visita dun autor moi coñecido no noso cole: Miguel Ángel López, El Hematocrítico. O rapazada de Segundo de Primaria  foi agasallada en xaneiro por Maruxa e dentro do proxecto " Un ano de contos" con dous contiños del: Vaia cabuxiño ! e Alcaldesa Vermella.

Foi moi emocionantes que nos falara dos dous libros e comprobar quen está detrás dos contos que chegan ata nós.

Os nenos e nenas das dúas aulas puideron charlar con el, facerlle preguntas e mesmo asinar os libros que tanto nos gustan.

Pasamos un anaco de mañá moi pero que moi entretidos, e mesmo descubrimos que era veciño noso. Grazas Hemato por todo o que nos aportaches.

Un bruxibiquiño.