venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO

ANQUE LLE VIMOS AQUÍ 
NON É PARA FACERLLE MAL 
VÍMOSLLE POR LLE ANUNCIAR
 QUE ESTAMOS NO CARNAVAL.

Con esta mensaxe, ás aulas chegou polo Entroido un folleto con recomendacións para este tempo de Entroido.






Nesa carta de Maruxa, aparecían uns libros sobre Entroido que estaba expostos na porta da biblioteca para a disposición das aula e temos que dicir que tiveron un gran éxito para ler durante a " Hora de ler" que está estabecida nos diferentes niveis educativos.

E aquí tedes nestes dous vídeos o resultado de "UN ENTROIDO DE CONTO"

Vídeo da páxina web do colexio:CLICADE AQUÍ PARA VELO
UN BRUXIBIQUIÑO




mércores, 23 de febreiro de 2022

RESULTADO DO DESAFÍO DE WANGARI

 Ola a todas e todos:

Maruxa quere ensinarvos o fermosos que están os corredores do colexio, adornados entre todos e todas coas árbores de Wangari, árbores de paz e amizade que conteñen mensaxes positivos cara os demáis.

Seguiremos traballando xuntas e xuntos.




sábado, 19 de febreiro de 2022

NOVIDADES DE CÓMIC

 Ola amiguiños e amiguiñas:

A nosa Maruxa é tan bruxa decatouse nas semanas ás que vides de préstamo á biblio que vos encantanos cómics . Por esta razón decidiu ir ás librerías do barrio e ampliar a colección de cómicas da biblio. De seguro que disfrutades moito destes novos títulos nas vosas casas e tamén no cole. A ver se tedes quenda para levalos!

Un bruxibiquiño.







mércores, 2 de febreiro de 2022

CONTACONTOS DA PAZ!!!

             Esta semana, xa que non tiñamos préstamo, adicámola a facer un contacontos da Paz para os cativos e cativas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria. 

             Unha das propostas de Maruxa para estes contacontos foi o libro "Imagine"... Deitadiños cos ollos pechados, escoitando a música da inmortal canción de John Lennon xunto co conto podemos imaxinar como esa pombiña vai levando unha mensaxe de Paz para todo o mundo:

 "Podes dicir que son un soñador, 

pero non son o único. 

Espero que algún día te unas a nós 

e o mundo será un só"





Animádevos a facelo vós tamén!


Bruxibiquiños! Unha aperta.
Maruxa