venres, 25 de novembro de 2022

25 N: QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Hoxe vimos de conmemorar un día moi pero que moi importante " 25 N: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres". 

A nosa bruxa Maruxa é unha bruxa feminista que rexeita a violencia en todas as súas maneiras e para iso argallou unhas recomendacións lectoras para este día tan importante e sacou esas lecturas a un recanto no corredor onde poder coller e ler nas aulas , que tiveron moito éxito.

Podedes atopalas aquí:

Mirade que fermoso quedou o noso recanto:

Pero tamén da man do EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) se montou un photocall en cada corredor do colexio co lema: QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS, feito pola rapazada do colexio cunhas mensaxes moi fermosas nas que se rexeita a violencia contra as mulleres. E ata pulseiras fixemos...canto nos da un día tan importante!









FERMOSO DÍA E FERMOSO TRABALLO!
QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS




luns, 21 de novembro de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Como ben sabedes, o mes de novembro está adicado á ciencia en galego nas bibliotecas escolares. 

A nosa Maruxa quixo transformar a biblio nun lugar de ciencia , científicas e científicos... conseguiríao?

Pois para comprobalo só tedes que ver este vídeo.

Un bruxibiquiño



NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOS ESCOLARES de bibliomaruxa

domingo, 13 de novembro de 2022

INICIO DO PRÉSTAMO QUINCENAL

 Benqueridiños e benqueridiñas:

Como ben sabedes, Maruxa ten unha teima: que todas e todos as cativas e cativos do cole poidan vir á biblio escoller un libro para ler nas súas casiñas. 

Así que o 7 de novembro comezamos co préstamo quincenal de libros . Todo o cole acudiu á biblio na súa hora e escolleron os libros coa axuda das mestras axudantas de Maruxa.... que contentiños iban todos e todas.










CARREIRA ENKI

 Ola amiguiñas e amiguiños:

O pasado 21 de outubro no cole vivimos unha mañá moi pero que moi especial. Co lema: CORRE POR UN MUNDO IMPERFECTO todo o colexio participaou nunha carreira de obstáculos no que tiñan que poñer a proba as súas capacidades físicas e sensoriais. 

Maruxa preparou unha escolma de libros para que as aulas empregaran no momento do proxecto lector que tiñan como protagonistas nenos e nenas con algún tipo de discapacidade , para empatizar con eles e elas. Esa escolma púxoa no corredor da biblio por onde pasa todo o colexio e así poder disfrutar dela.


Aquí tedes un vídeo onde podedes ver en que consistiu a carreira que atoparedes na páxina web do cole:


enki 2022 from CEIP SAGRADA FAMILIA on Vimeo.