martes, 25 de xaneiro de 2022

TERCEIRO DESAFÍO

BENQUERIDAS E BENQUERIDOS NENAS E NENOS DO NOSO COLE:

           Achégase un día ben importante no colexio, e para iso, Ágatha e Sherlock piden a nosa axuda               novamente.

 Na carta que nos enviaron, coméntannos que o 30 de xaneiro se conmemora un día moi importante,     sabedes cal...pois é o día da Paz e da non violencia escolar...pero realmente sabedes o que iso significa?


 

Pois para axudarvos , Maruxa, da man dos seus amigos fixo esta presentación.

 

              


        Ademais , propóñenvos coñecer a outra personaxe dun conto moi especial, as pistas que vos dan             son as seguintes:



Coñecedes a personaxe? Pois para saber algo máis dela , mirade este vídeo co conto que protagoniza:



A historia de Wangari é ben interesante, para os que queirades saber máis dela, premede no seguinte enlace e poderedes ler sobre a súa vida.
Esta Maruxa non para, despois de averiguar o desafío deixou unhas tarefas diderenciando entre os niveis:
- PARA OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL , PRIMEIRO E SEGUNDO:
Tiñan que descubrir o nome e levar a papeleta ao buzón da biblioteca anotando o nome.


- PARA OS MEDIANOS DE TERCEIRO E CUARTO:



- PARA OS MAIORES DE QUINTO E SEXTO:







SEGUIREMOS EN CONTACTO AMIGUIÑOS

Un bruxibiquiño, Maruxa.






venres, 21 de xaneiro de 2022

DETECTIVES DE BIBLIOTECA

Ola a todos e todas!
Esta semana os cativos e cativas de terceiro, cuarto , quinto e sexto de Educación Primaria do cole recibiron unha invitación. Velaquí a tedes:

Ían partcipar nunha actividade na que se convertirían en DETECTIVES da man de Maruxa, Sherlock e Ágatha....que emocionante! Aquí tedes a actividade....

Esperemos recibir máis invitacións deste tipo ...porque se disfrutou moito da actividade.







venres, 14 de xaneiro de 2022

SEMANA DE PRÉSTAMO

 Esta semana foi a semana do préstamo na biblio. Todas as aulas pasaron pola biblio para levar un libro para as súas casas. A Maruxa chamoulle a atención como voaron as NOVIDADES , menuda diferencia no moble , do luns ao venres.




MOCHILAS E BOLSAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Esta semana a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria , puideron levar para as casas as súas mochilas viaxeiras para ler e disfrutar de tres propostas de lecturas de Maruxa:

- Un libro que nos narra unha historia.

- Algo de poesía para afinar a nosa sensibilidade.

- Un libro de ciencia.

Logo deben amosar as súas opinións nun caderno... queremos que sexades críticos literarios!






Pero para os máis cativos e cativas do cole, tamén Maruxa tivo un agasallo: unha bolsiña na que levar os libros do préstamo.





martes, 11 de xaneiro de 2022

UN ANO DE CONTOS

 Ola a todas e todos:

Bo ano teñades! Como foron as vacacións de Nadal? No meu caso, paseino moi ben. Reunínme cuns amigos e amigas: Carapuchiña Vermella, O Lobo Feroz que xa non é tan feroz, Cincenta...e todos xuntiños ao carón do lume da lareira decidimos agasallarvos cunha bolsas de tea onde dentro estaban uns contiños e unha caixiña para que poidades traballar nas aulas iso que nos gusta tanto: OS CONTOS. 

Damos así comezo a un proxecto que leva por título: UN ANO DE CONTOS.

Déixovos aquí as fotos do mesmo e unha presentación do que imos ver de cada conto.

ÁNIMO RAPACES!