venres, 15 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

        Este ano o Día das Letras Galegas vai ser diferente pero igualmente dende aquí queremos facer unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado deste ano.


        QUEN ERA RICARDO CARVALHO CALERO?

        Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol o 30 de Outubro de 1910.  Foi historiador da Literatura Galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor.
        Antes da Guerra Civil foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista.  Colaborou na revista Nós onde publicou vinte e seis textos. Ademais colaborou tamén en publicacións como A Nosa Terra, Guión Galiza, Resol, Universitarios e Papel de Color.
         Participou na defensa de Madrid como miliciano, foi detido na fronte de Andalucía ao remate da Guerra Civil e condenado a doce anos de prisión. O tempo na cadea marca varias das súas obras como a novela Scórpio, as pezas teatrais A sombra de Orfeo e Os xefes ou o poema Fugíamos da nossa vida.
            Foi liberado de maneira provisional en 1941 e volveu ao seu Ferrol natal. Logo duns anos vai vivir a Lugo para traballar no colexio Fingoi, centro polo que tamén pasaron Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova ou Bernardino Graña.
            En 1958 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega. En 1963 publícase a primeira eadición da que foi, posiblemente, a súa obra máis recoñecida Historia da Literatura Contemporánea.
            En 1963 recibiu a cancelación de antecedentes penais e foi autorizado a exercer o ensino público; en 1965 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela como profesor de Lingua e Literatura Galega, ao tempo entra como profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto Rosalía de Castro.
            A súa tarefa como lingüista dá pé á publicación en 1966 da Gramática elemental del gallego común e é o principal redactor das Normas ortográficas e morfolóxicas que a Real Academia Galega publica en 1970.
            Tras a chegada da Xunta preautonímica formou parte da comisión que establecía as normas lingüisticas para o uso administrativo. Logo de xubilarse en 1980 revisou e reeditou a súa obra literaria e publicou novas obras como a novela Scórpio (1987).
             Falece en Santiago de Compostela o 25 de Marzo de 1990.

(Información e imaxe do Consello da Cultura Galega)

             Para que poidades coñecelo mellor deixámosvos a ligazón a uns xogos lim sobre o autor e a súa obra que ten publicados o Seminario Galán. Hainos para todas as idades, premede na imaxe para ir.
Seminario Galán

                  Tamén podedes ver premendo na imaxe o conto dos Bolechas adicado a Carvalho Calero.


Tedes tamén aquí unha ligazón a un relato de Carvalho Calero.



Probade a xogar con estes xogos de scape room:

Elaborado por Alba Carril e Ana Sánchez Sanmartín

Elaborado por Alba Carril