sábado, 26 de xaneiro de 2019

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS!


Este mes recibimos a visita de Ledicia Costas no noso cole, aquí vos deixamos a crónica feita por catro alumnos de 6º de Ed. Primaria. Grazas Ledicia por vir!!

Recibimos a visita de Ledicia Costas:
·A nós pareceunos unha escritora graciosa que contou con humor, algunhas historias que lle aconteceron nas súas visitas a outras escolas, bondadosa, xa que nos resolveu dúbidas, moi boa porque escribiu libros con moita imaxinación e porque escoitou as nosas ideas para poder escribir outros novos.
  Falounos das súas anécdotas escolares, do que poñía a wikipedia sobre ela, dos seus gustos ( comer-  sobre todo chocolate-, as historias de terror...) e dos libros que lía cando era pequena ("Matilda", "Pipi"...)
  Nós destacamos as súas anécdotas, os comentarios que fixo sobre os seus libros, que estivo moi atenta as nosas preguntas e sobre todo a emoción que nos produciu coñecer a unha escritora da nosa comunidade"  (Roi, Aroa, Lucas, Alexia)


venres, 4 de xaneiro de 2019

Agasallos con mensaxes literarios.

Esta idea vímola na Biblioteca da Sagrada Familia e gustounos tanto que decidimos traela á nosa. Á volta de vacacións teredes uns cantos agasallos que os Reis deixaron para vós; agasallos con mensaxes literarios. Atrevédevos a descubrilos!!!