luns, 29 de novembro de 2021

OS VOSOS TRABALLOS DO 25-N

 Grazas profes, 

grazas nenos e nenas.

Grazas , grazas por encher a biblioteca e o corredor cos vosos traballos.

Maruxa

chea de vida de Patricia

venres, 26 de novembro de 2021

LIBROS DE CIENCIA EN GALEGO

 O mes de novembro está adicado aos libros de CIENCIA EN GALEGO nas bibliotecas escolares. Por iso, decidimos facer unha escolma cos libros que tiñamos na biblioteca e engadir uns poucos máis que se mercaron. Con todos eles fixemos unha exposición para que os nenos e nenas do cole colleran aqueles que máis lles interesaran. Dende aquí podedes ver os libros dos que dispuxemos    






O importante é que disfrutedes da biblioteca e de levar estes libos á vosa casa e ás vosas aulas para poder disfrutar coa súa lectura.


venres, 19 de novembro de 2021

NOVIDADES PARA A FIN DE SEMANA

ESTÁN CHEGANDO MOITAS NOVIDADES Á LAREIRA DE MARUXA. POUCO A POUCO IREDES DISFRUTANDO DA SÚA LECTURA. QUEREMOS ENSINÁRVOLAS, SON DE TRES AUTORAS E UN AUTOR MOI QUERIDAS E QUERIDO POLA NOSA BRUXA. TODOS EN GALEGO! 

ESTE LIBRO CONTA A HISTORIA DE ANTÍA UNHA NENA A QUEN MOITO LLE AMOLA QUE LLE ANDEN A PREGUNTAR TODOS OS DÍAS QUE QUERE SER DE MAIOR.

AIXA É UNHA NENA QUE VIVE NUNHA ALDEA, PERO ALGO PASA NA SÚA VIDA QUE FAI QUE MUDE DE LUGAR.
OUTRA AVENTURA MÁIS DO NOSO AMIGO NATURIZO, COMO NOS GUSTA


AGASALLO DE MARUXA

 A nosa Maruxa hoxe deixounos na  lareira da biblioteca un agasallo para todas as clases.Velaquí o tedes:





Nel fálanos dunha data moi importante para conmemorar que terá lugar a vindeira semana:
O 25 DE NOVEMBRO , DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
Fainos tres preguntas das que só nos responde a unha. Aí van:
1. Saberías dicirme que significa ?
Pois significa que é un día que serve para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e reclamar que isto remate dunha vez por todas.
2.- Saberías dicirme porqué se celebra ese día e non outro?
3. Coñeces quen son as irmás Mirabal?
Para responder a estas dúas cuestións que plantexa a nosa bruxa, podedes clicar nos seguintes enlaces:
Agora tedes que facer as tarefas que vos manda Maruxa e traelas a biblio. Estará desexando velas e expoñelas na lareira.
Para rematar a canción que imos aprender todo o cole de GUADI GALEGO.

UN BRUXIBIQUIÑO








luns, 15 de novembro de 2021

PRIMEIRO DESAFÍO DE MARUXA.

Hoxe recibimos noticias de Maruxa. Imos contar:

Resulta que nos mandou unha carta na que nos contaba que na súa lareira estiveran tomando unha cunca de caldo dous amigos dela: Sherlock Holmes e Aghata Christie dous detectives fantásticos,meticulosos, pacientes, intelixentes, sagaces e sobre todo moi observadores e reflexivos.. Ao longo da súa vida resolveron milleiros de misterios recollidos en entretidos libros. Son tan bos, que os casos chegan as súas casas continuamente e non dan feito. Por iso, sabendo da nosa intelixencia queren compartilos con nós e que lles axudemos a resolver o que eles chaman DESAFÍOS.



O primeiro deles consiste en averiguar o seguinte:

" O nome dun animal que protagoniza un conto infantil moi importante".

Aquí tedes o desafío, di así:


A resposta está no seguinte conto:
Agora xa sabedes de que animaliño se trata , non si?
Foi escrito por un dos autores de libros infantís máis importantes: ERIC CARLE.
Naceu en Siracusa, Nova Iork o 25 de xuño de 1929 e morreu  en Massachusset o 23 de maio deste mesmo ano, 2021 . Ilustrou  máis de setenta libros e vendeu 88 millóns de copias.Se clicades enriba da imaxe poderedes ver e escoitar o seu conto máis coñecido.
Dende aquí o noso PEQUENO homenaxe a un GRANDE...SEMPRE TE RECORDAREMOS NOS TEUS CONTOS! 
Podedes pasarvos pola biblio para ver a exposición que temos con algúns dos seus contos.
PODES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ERIC CARLE NESTE ENLACE.








mércores, 10 de novembro de 2021

ASÍ FOI O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA!!

           Como sabedes, co remate do curso anterior deixamos atrás a nosa biblioteca na planta baixa do cole e comezaron as obras para o seu traslado ao primeiro piso. Dende Maio ata agora estivemos atarefados recollendo primeiro e logo poñendo en marcha a nosa biblio. Polo medio recibimos a noticia da nosa incorporación ao PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares) e cheos de ilusión seguimos maquinando e poñendo a biblioteca en marcha. 

            Despois de moitas horas de traballo entre todos chegamos á meta da inauguración da biblioteca o  día 25 de Outubro. Os contacontos de Samaín foron a nosa mellor maneira de inaugurar un espazo que pretende ser o centro do noso cole. Grazas a todos cantos nos axudaron e mención especial a Ana Tenreiro e outras mamás colaboradoras pola súa implicación e o seu traballo para que a biblioteca quedase preciosa.

             Aquí vos deixamos un vídeo resumindo todas estas etapas polas que pasamos, esperamos que vos guste.




mércores, 3 de novembro de 2021

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado 25 de outubro coincidindo co día das bibliotecas que se celebra o 24 de outubro,  decidimos inaugurar a nosa biblioteca, a biblioteca da nosa Maruxa.... e que mellor maneira de facelo que contando contos ao carón da lareira , tal e como lle gusta a ela.
Comezamos cunha carta de presentación de Maruxa e o seu conxuro favorito. 


E logo outro momento máxico..... o momento de contar as historias que a ela recomenda. Pasa iso, Maruxa conta cunhas "axudantas" que lles transmiten aos picariños e picariñas do cole aquelas historias que ela recomenda...Aproveitaron estas " axudantas " e contaron historias de Samaín que a nosa bruxa deixara enriba dos tallos que están na lareira. Historias que escoitástedes  cos ollos atentos e as  orellas ben abertas como di o seu conxuro






Estas son algunhas das historias que se contaron na lareira.


E para a ocasión, nos andéis da biblioteca estaban moitos libros de Samaín dispostos para marchar en breve para as vosas casiñas.






COMO DISFRUTAMOS TODOS DESTA EXPERIENCIA E DESTE LUGAR TAN MÁXICO! Mesmo había de quen non quería saír da biblio....