luns, 19 de decembro de 2022

FELICITACIÓN DE NADAL

 DESPOIS DUN TRIMESTRE CUN LOTE DE ACTIVIDADES, SÓ NOS QUEDA AGRADECER. AGRADECER AO PROFESORADO POLO SEU ESFORZO POR SEGUIRNOS NAS NOSAS ANDANZAS .

 AOS NOSOS CATIVOS E CATIVAS DO COLEXIO POLO SEU ENTUSIASMO , GANAS DE APRENDER , DE LER E DE COÑECER .

 ÁS NAIS E AOS PAIS POR ESTAR SEMPRE APOIANDO A NOSA LABOR, EN ESPECIAL A UNHA QUE XA SABE ELA QUEN É POR FACERNOS CASO E SEGUIR PINTANDO.

ÁS LIBRERÍAS DO BARRIO POR RECOMENDARNOS E AXUDARNOS NA ESCOLLA DOS LIBROS PARA A NOSA RAPAZADA.

Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SAGRADA FAMILIA: MERCE E EMMA SEMPRE CON GANAS DE AXUDAR E PRESTARNOS LIBROS QUE SEMPRE NOS FAN FALTA.

BOAS FESTAS !


RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa están aqui as recomendacións que a nosa Maruxa fai para incluír nos vosos desexos para o Nadal. Son uns libros ben bonitiños que xa vistes na lareira e que tanto vos gustaron. Seguro que ben os merecedes!



EDUCACIÓN INFANTIL:



PRIMEIRO E SEGUNDO:
TERCEIRO E CUARTO:

QUINTO E SEXTO:

PARA O NOSO PROXECTO:

Como lle gusta ver a Maruxa as vosas cariñas cando vos ensinan as súas recomendacións!

Tamén vos deixamos as recomendacións marabillosas da nosa biblioteca do barrio, a biblioteca Municipal da Sagrada Familia.



Un bruxibiquiño

MOCHILAS E BOLSAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado 7 de novembro puxemos en marcha dende a bibliteca as bolsas e mochilas viaxeiras.As bolsas para Infantil e as mochilas para toda Primaria. Podedes ver coa seguinte presentación algunhas das vosas produccións:



BOLSAS E MOCHILAS VIAXIERAS de bibliomaruxa

Un bruxibiquiño.

venres, 16 de decembro de 2022

CONTACONTOS DE NADAL

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Xa está con nós unha época do ano moi emocionante para todos ... o Nadal e Maruxa quixo convidar aos cativos e cativas do colexio a unhas sesións de contacontos de Nadal. Canto nos gusta escoitar as historias que Maruxa ten preparadas para nós ao carón do lume da lareira!

Velaquí tedes a historia que contou á rapazada de Educación Infantil:

Aquí os traballiños que fixeron do conto:

E para os cativos e cativas de primeiro e segundo de primaria, este conto tan divertido que nos fala da importancia de compartir para conseguir ser un chisquiño máis felices todas e todos.


Agora a esperar a que Maruxa nos volva a convidar a escoitar máis das súas historias.
Un bruxibiquiño.




DETECTIVES DE BIBLIOTECA

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Que semana máis emocionante! Outra vez nos convertimos en detectives de biblioteca, esa actividade que Maruxa nos propón e que tanto nos gusta. Imos ver de que se trata...clicade no vídeo!


DETECTIVES I de bibliomaruxa

venres, 2 de decembro de 2022

NOVIDADES

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Comezamos este mes de decembro con moitas novidades na nosa biblio. Novidades que enchen o corredor da biblio e mesmo os andeis da mesma....ide pensando en cales queredes levar ou para as aulas ou para as vosas casiñas.

Un bruxibiquiño.



NOVIDADES NA BIBLIO DE MARUXA de bibliomaruxa