venres, 8 de abril de 2022

CONTOS COMPARTIDOS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

A semana do 28 de marzo ao 1 de abril na lareira de Maruxa tivo lugar unha actividade marabillosa: Os maiores decidiron contar uns contos aos máis cativos e cativas do colexio dentro do proxecto que se está a levar a cabo, UN ANO DE CONTOS.

Escolleron os libros da biblioteca e traballáronos a fondo, xa que non leron o conto: Contárono e despois facían preguntas aos cativiños e cativiñas que tan atentos estiveron que sempre acertaban. Ata axudaron a acomodar aos máis pequeniños de 3 anos para que estiveran máis a gusto na biblio.

 Moi boa experiencia ! Só esperamos que a lembrades por moito tempo.

Un bruxibiquiño,

Maruxa.



venres, 1 de abril de 2022

VISITA DO HEMATOCRÍTICO


 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado martes 29 de marzo, tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca... a visita dun autor moi coñecido no noso cole: Miguel Ángel López, El Hematocrítico. O rapazada de Segundo de Primaria  foi agasallada en xaneiro por Maruxa e dentro do proxecto " Un ano de contos" con dous contiños del: Vaia cabuxiño ! e Alcaldesa Vermella.

Foi moi emocionantes que nos falara dos dous libros e comprobar quen está detrás dos contos que chegan ata nós.

Os nenos e nenas das dúas aulas puideron charlar con el, facerlle preguntas e mesmo asinar os libros que tanto nos gustan.

Pasamos un anaco de mañá moi pero que moi entretidos, e mesmo descubrimos que era veciño noso. Grazas Hemato por todo o que nos aportaches.

Un bruxibiquiño.








mércores, 30 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado 21 de marzo celebramos no colexio o día da poesía. Despois de realizar o desafío de Maruxa no que adivinastes que era a poesía , as axudantes da nosa mascota de biblioteca pasaron por todas as aulas para deixar un agasallo da súa parte: unha bolsa cun folleto para traballar a poesía e un libro por aula para ler, reler e disfrutar entre todos e todas.

Aquí vos deixo as imaxes.

Un bruxibiquiño















martes, 29 de marzo de 2022

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado 25 de marzo, a escritora Andrea Maceiras visitou o noso colexio e estivo intercambiando impresións cos alumnos e alumnas de quinto de Primaria sobre o seu libro " A folla azul". Gustounos moito contar con ela na nosa biblioteca e que a rapazada puidera aprender tanto do libro que tanto lles gustou.

Grazas, Andrea! Esperamos volver a verte pronto.

Un bruxibiquiño.


Aquí deixamos o vídeo que fixo o alumnado de Quinto D do colexio sobre Andrea Maceiras. FANTÁSTICO!

mércores, 16 de marzo de 2022

CUARTO DESAFÍO DE MARUXA

 Ola a todas e todos:

Esta Maruxa non para de argallar. Hoxe mandounos o cuarto desafio...un desafío un pouco diferente aos anteriores, non tiña que ver nin con un personaxe dun libro, nin con un autor...Recibimos unha carta na que se nos explicaba.

CARTA PARA EDUCACIÓN INFANTIL:

CARTA PARA PRIMEIRO E SEGUNDO:
CARTA PARA TERCEIRO E CUARTO:
CARTA PARA QUINTO E SEXTO:

E velaquí están as pistas de Maruxa:



Sabedes de que se trata? Por se fora pouco, mandounos outra tarefa a realizar de parte dos seus amigos Sherlock e Ágatha: 
EDUCACIÓN INFANTIL:ILUSTRAR POEMAS COMO ESTE
PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA:COMPLETAR POEMAS
TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA: COLOCAR VERSOS QUE CAEN!

                                    QUINTO E SEXTO: ORDENAR UN POEMA
Velaquí vos deixamos o poemario traballado nas aulas:



ESTAMOS SEGUROS DE QUE XA SABEDES DE QUE SE TRATA! 
O rincón do DESAFÍO, quedou ben adornado cos vosos traballiños.
















sábado, 12 de marzo de 2022

VISITA DE BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

 O pasado venres 11 de marzo as nenas e nenos de primeiro do colexio puideron contar coa visita de Benxamín Míguez Novoa, un ilustrador e contador de contos que lles fixo pasar un añaquiño da mañá ben divertido. Foi contando e ilustrando historias ao mesmo tempo que iba metendo aos cativos e cativas do cole nelas e sendo protagonistas das mesmas.






GRAZAS BENXAMÍN POR ESTE ANAQUIÑO DE MAÑÁ TAN DIVERTIDO!




DÍA DA MULLER

 Benqueridas amigas e amigos:

O 8 de marzo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Por esta razón decidimos sacar dos andeis libros de mulleres moi interesantes e poñer á disposición de todos os cativos e as cativas do colexio, xa que esta semana tocaba préstamo. 

Velaquí a nosa exposición:






E como respondeu a cativada do colexio? Pois levando moitos destes libros ás súas aulas e as súas casas para coñecer a vida destas mulleres tan importantes e interesantes.
Os expositores voltaron a quedar medio baleiros. Ese era o obxectivo da nosa MARUXA.



BOA ELECCIÓN MEUS QUERIDIÑOS E QUERIDIÑAS!

Pero logo de ler e traballar algúns destes libros sobre a vida de mulleres moi interesantes, nalgunhas aulas fixeron un traballiño relacionado. 

Así, por exemplo en Educación Infantil traballaron a vida da aviadora Elisa Patiño, a primeira muller galega en pilotar un avión .


En 1º e 2º de Educación Primaria traballaron a figura de pintora Maruja Mallo. Despois de colorear un dos seus cadros e facer un collage buscando a simetría con elementos naturais, levaron para as súas casas unha piruleta de Maruja .

Quedámonos coa frase de Maruja Mallo:
" TODOS OS DÍAS DA MIÑA VIDA TIVERON UN ANACO DE FELICIDADE"

UN BRUXIBIQUIÑO.