Ademais destas propostas podemos traballar tamén os contos de medo da seguinte maneira:
- En Educación Infantil lerase na biblioteca o conto "Cómo reconocer a un monstruo".
Posteriormente cada grupo debuxará o seu propio monstro en papel continuo grande que se colocará no corredor. A cada monstro se lle poñerá nome.
- En 1º e 1º de Ed. Primaria lerase o libro "El libro valiente" para realizar as seguintes actividades:
+ Debuxo "O meu medo". Poñerase título ao medo, indicando as sensacións que se teñen cando senten ese medo; indicaranse os trucos que pode seguir para superalo.
+ Cos debuxos e todo o que se indica arriba faise por aula o libro "Colección de medos".
Para ver as actividades de 3º e 4º de Ed. Primaria pincha aquí.
- En 5º e 6º de Ed. Primaria:
+ Visionarase o vídeo "La leyenda del espantapájaros con sonido" en youtube. Pincha aquí para velo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.