Este mes recibimos a visita de Ledicia Costas no noso cole, aquí vos deixamos a crónica feita por catro alumnos de 6º de Ed. Primaria. Grazas Ledicia por vir!!
Recibimos a visita de Ledicia Costas:
·A nós pareceunos unha
escritora graciosa que contou con humor, algunhas historias que lle aconteceron
nas súas visitas a outras escolas, bondadosa, xa que nos resolveu dúbidas, moi
boa porque escribiu libros con moita imaxinación e porque escoitou as nosas
ideas para poder escribir outros novos.
Falounos das súas anécdotas escolares, do que poñía a wikipedia sobre ela, dos seus gustos ( comer- sobre todo chocolate-, as historias de terror...) e dos libros que lía cando era pequena ("Matilda", "Pipi"...)
Nós destacamos as súas anécdotas, os comentarios que fixo sobre os seus libros, que estivo moi atenta as nosas preguntas e sobre todo a emoción que nos produciu coñecer a unha escritora da nosa comunidade" (Roi, Aroa, Lucas, Alexia)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.