mércores, 1 de decembro de 2021

SEGUNDO DESAFÍO: FREDERICK E LEO LIONNI.

Ola amiguiños e amiguiñas: 

O mércores 1 de decembro, recibimos máis noticias da nosa Maruxa. Dicíamos que estaba emocionada do ben que fixéramos o desafío que nos encomendara. Comentábanos que os seus amigos Sherlock e Ágatha estaban moi apurados intentando resolver outro misterio e que precisaban da nós novamente. Estaban tan apurados que nin puideron disfrutar dunha taza de caldo. Así que nos deixaron unha carta na que nos  dixeron que tiñamos que poñer o caletre de novo a funcionar e  descubrir:

“ Tedes que adiviñar o nome dun animal, habita nun conto que todos deberíamos ler ao longo da nosa vida”




Para iso os máis cativos recibiron estas pistas , os maiores outro tipo de probas... pero todos co mesmo obxectivo.

Aí van as pistas:

SABEDES DE QUEN SE TRATA XA?Mirade e escoitade esto contiño


Pois claro que sí, do ratiño FREDERICK. 
O rato poeta que se atopa no libro dun dos grandes autores de literatura infantil: LEO LIONNI . Para saber máis do autor podedes encontrar información neste enlace.
Maruxa quixo deixarnos uns traballiños para aprender máis do autor deste ratiño, para iso fixo tres tipos de actividades diferencias:
- CATIVAS E CATIVOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMEIRO DE SEGUNDO DE PRIMARIA:
Averiguar o nome e  escribilo no folletiño que se lles deu e levalo á biblio , ao buzón de Maruxa.


- PARA OS MEDIANOS DE TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


- PARA OS MAIORES DE QUINTO E SEXTO:



ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTECA PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DESTE E DE MÁIS CONTOS DESTE MARABILLOSO AUTOR.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.