sábado, 14 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS

 Este 17 de maio , día das Letras Galegas está adicado a Florencio Delgado Gurriarán. 

Dende a biblioteca de Maruxa fíxose unha escolma de libros para traballar o autor homenaxeado. Adornou o rincón dos desafíos e tamén aparecían na revista escolar que aquí deixamos unha mostra       ( revista editada polo EDLG):


En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua que estivo traballando o Camiño de Santiago , elaboramos unhas recomendacións sobre o tema do Camiño e que quedaran plasmadas no marcapáxinas que todos os anos vai para as vosas casas. Eses libros recomendados voaron da biblio e foron directiños para traballar nas aulas.

Así que unimos biblioteca e EDLG. Os marcapáxinas quedaron fantásticos:


E xa para finalizar, a biblioteca acolleu os vosos traballos: As caricaturas de Florencio Delgado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.