venres, 25 de novembro de 2022

25 N: QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Hoxe vimos de conmemorar un día moi pero que moi importante " 25 N: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres". 

A nosa bruxa Maruxa é unha bruxa feminista que rexeita a violencia en todas as súas maneiras e para iso argallou unhas recomendacións lectoras para este día tan importante e sacou esas lecturas a un recanto no corredor onde poder coller e ler nas aulas , que tiveron moito éxito.

Podedes atopalas aquí:

Mirade que fermoso quedou o noso recanto:

Pero tamén da man do EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) se montou un photocall en cada corredor do colexio co lema: QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS, feito pola rapazada do colexio cunhas mensaxes moi fermosas nas que se rexeita a violencia contra as mulleres. E ata pulseiras fixemos...canto nos da un día tan importante!









FERMOSO DÍA E FERMOSO TRABALLO!
QUE NINGUÉN VOS CORTE AS ÁS




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.