venres, 16 de decembro de 2022

CONTACONTOS DE NADAL

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Xa está con nós unha época do ano moi emocionante para todos ... o Nadal e Maruxa quixo convidar aos cativos e cativas do colexio a unhas sesións de contacontos de Nadal. Canto nos gusta escoitar as historias que Maruxa ten preparadas para nós ao carón do lume da lareira!

Velaquí tedes a historia que contou á rapazada de Educación Infantil:

Aquí os traballiños que fixeron do conto:

E para os cativos e cativas de primeiro e segundo de primaria, este conto tan divertido que nos fala da importancia de compartir para conseguir ser un chisquiño máis felices todas e todos.


Agora a esperar a que Maruxa nos volva a convidar a escoitar máis das súas historias.
Un bruxibiquiño.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.